Goberno de Navarra
O Goberno de Navarra ou Deputación Foral de Navarra (en castelán: Gobierno de Navarra; en éuscaro: Nafarroako Gobernua) é a institución de carácter executivo en que se organiza o autogoberno da Comunidade Foral de Navarra (España). Os seus poderes quedaron regulados no Amelloramento de 1982 no seu Capítulo III Art. do 23 ao 28.
A pesar da dobre denominación da institución, é a primeira a que se emprega actualmente, isto permite distinguila da antiga Deputación Provincial existente ata 1982 que tiña carácter de corporación local, mentres que esta ten carácter de órgano executivo.
O Amelloramento asígnalle a función executiva, regulamentaria e administrativa e a de velar especialmente pola defensa da integridade do réxime foral de Navarra, debendo dar conta ao Parlamento de Navarra de calquera contraforo que puidese producirse.
Así mesmo a figura do Presidente do Goberno de Navarra está establecido no Capítulo IV Art. 29 e 30, é elixido polo Parlamento de Navarra, designa e separa aos demais membros do Goberno e ostenta a máis alta representación da Comunidade Foral e a ordinaria do Estado en Navarra. Pode cesar se o Parlamento aproba unha moción de censura ou se lle denega a súa confianza.
Presidentes
editarDesde as primeiras eleccións democráticas de 1979 houbo dous presidentes de UCD na Deputación Foral de Navarra. Posteriormente, o Goberno de Navarra tivo dous presidentes do PSN e tres de UPN. Actualmente a presidenta é de Geroa Bai.
Departamentos
editarEste é o organigrama do Goberno de Navarra tras a elección da nova presidenta en agosto de 2019.[1]
Departamentos do Goberno de Navarra | |||
| |||
Consellería | Titular | Partido | |
---|---|---|---|
Vicepresidencia Primeira Consellería de Presidencia, Igualdade, Función Pública e Interior |
Javier Remírez Apesteguía | PSN-PSOE | |
Vicepresidencia Segunda Consellería de Ordenación do Territorio, Vivenda, Paisaxe e Proxectos Estratéxicos |
José María Aierdi Fernández de Barrena | Geroa Bai | |
Consellería de Cohesión Territorial | Bernardo Ciriza | PSN-PSOE | |
Consellería de Economía e Facenda | Elma Saiz Delgado | PSN-PSOE | |
Consellería de Desenvolvemento Económico e Empresarial | Manuel Ayerdi Olaizola | Geroa Bai | |
Consellería de Políticas Migratorias e Xustiza | Eduardo Santos Itoiz | Podemos | |
Consellería de Educación | Carlos Gimeno | PSN-PSOE | |
Consellería de Universidade, Innovación e Transformación Dixital | Juan Cruz Cigudosa | PSN-PSOE | |
Consellería de Saúde | Santos Induráin Orduna | PSN-PSOE | |
Consellería de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente | Itziar Gómez | Geroa Bai | |
Consellería de Relacións Cidadás | Ana Ollo Hualde | Geroa Bai | |
Consellería de Cultura e Deporte | Rebeca Esnaola | PSN-PSOE | |
Consellería de Dereitos Sociais | Mari Carmen Maeztu Villafranca | PSN-PSOE |
Notas
editar- ↑ «Estos son los consejeros del Gobierno paritario que presidirá María Chivite», Diario de Navarra, 3 de agosto de 2019.