Uxue Barkos
Miren Uxue Barkos Berruezo,[1] nada en Pamplona o 5 de xullo de 1964, é unha política Navarra, presidenta do Goberno de Navarra entre 2015 e 2019.[2] Defínese a si mesma como progresista, vasquista,[3] abertzale e independentista.[4] Deputada no Congreso de 2004 a 2015 (durante as lexislaturas VIII e IX en representación de Nafarroa Bai, e durante a X Lexislatura en representación de Geroa Bai), tamén foi voceira de Nafarroa Bai no Concello de Pamplona dende 2007 até 2015. Dende setembro de 2011 lidera a asociación Zabaltzen, integrada na coalición Geroa Bai pola que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Navarra de 2015.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Uxue Barkos Berruezo 5 de xullo de 1964 (60 anos) Pamplona, España |
Deputada do Parlamento de Navarra | |
19 de xuño de 2019 – 27 de maio de 2023 Lexislatura: X lexislatura de Navarra | |
Presidencia do Goberno de Navarra | |
20 de xullo de 2015 – 6 de agosto de 2019 ← Yolanda Barcina – María Chivite → | |
Deputada do Parlamento de Navarra | |
17 de xuño de 2015 – 18 de xuño de 2019 Lexislatura: IX lexislatura de Navarra | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 1 de xuño de 2015 – Bixente Serrano Izko → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Concelleira de Pamplona | |
16 de xuño de 2007 – 13 de xuño de 2015 | |
Deputada de España | |
30 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Pamplona |
Ocupación | xornalista , política |
Empregador | EITB |
Partido político | Nafarroa Bai (2014–2015) Geroa Bai (2012–) |
Lingua | Lingua castelá e lingua éuscara |
Páxina web | uxuebarkos.com |
Traxectoria
editarEstudou na ikastola San Fermín. É Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e está casada e ten un fillo.
Traballou como locutora en RNE e TVE en Navarra, no xornal Navarra Hoy e en 1990 en Euskal Telebista (ETB), onde ten realizado labores de redacción na súa corresponsalía de Pamplona, posteriormente no centro de Informativos de Iurreta e na corresponsalía de ETB en Madrid.
Foi deputada por Navarra elixida nas listas da coalición nacionalista vasca Nafarroa Bai ('Navarra Si' en éuscaro), aínda que no Congreso dos Deputados estaba integrada no grupo mixto.
Notas
editar- ↑ Casa Real
- ↑ Diario, Nós (2015-07-20). "Nafarroa estrea presidenta vasquista e bota o fecho a 20 anos de dereita". Nós Diario. Consultado o 2022-11-27.
- ↑ Barkos: "Seré la voz de los navarros vasquistas y progresistas" Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is, Deia, 20 de decembro de 2011.
- ↑ Entrevista a Uxue Barkos Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Gara, 11 de novembro de 2011.