Miguel Sanz

político español
(Redirixido desde «Miguel Sanz Sesma»)

Miguel Sanz Sesma, nado en Corella, Navarra, o 16 de setembro de 1952, é un político español que foi Presidente do Goberno de Navarra entre 1996 e 2011 polo partido UPN.

Miguel Sanz
Miguelsanz.jpg
Nacemento16 de setembro de 1952
Lugar de nacementoCorella
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra e IESE Business School
Ocupaciónpolítico e catedrático
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

FormaciónEditar

Diplomado en Profesorado de EXB, realizou estudos de Ciencias Empresariais e o Programa de Dirección Xeral (PDX) do IESE da Universidade de Navarra. Antes de dedicarse plenamente á política, desempeñou diversas tarefas profesionais no sector da banca sendo director da sucursal de "Caixa Rural de Navarra" en Cintruenigo. (Artigo biográfico sobre Sanz publicado por Fernando Múgica en "El Mundo" o 20 de outubro de 2008 e recolleito en Internet por "Tribuna Navarra")[1]

Concello de CorellaEditar

A pesar de estar afiliado ao sindicato socialista UXT, encabezou a lista de Unión do Pobo Navarro ao concello de Corella nas eleccións municipais de 1983 e 1987. En ambas as lexislaturas resultou elixido alcalde, cargo que desempeñou entre 1983 e 1991.

Ocupou a Presidencia da "Mancomunidade de Augas do Moncayo" e da "Sociedade Agraria de Transformación Ombatillo". Así mesmo, foi conselleiro da empresa "Asociación Navarra de Informática Municipal, S.A."

Parlamentario ForalEditar

Elixido parlamentario foral por Unión do Pobo Navarro no seis procesos electorais convocados desde 1983.

En 1995, encabezou a lista de UPN ao Parlamento de Navarra, que obtivo 17 dos 50 escanos desta institución foral, sendo a lista máis votada, volvendo repetir no mesmo posto estes exitosos resultados nas eleccións de 1999 e 2003, obtendo 22 e 23 escanos, respectivamente.

Foi vicepresidente do Goberno de Navarra e conselleiro de Presidencia entre 1991 e 1995. Tamén, entre 1991 e 1994 foi Conselleiro de Administración Local e Conselleiro de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente.

Presidente do Goberno de NavarraEditar

O 18 de setembro de 1996 accedeu á Presidencia do Goberno de Navarra por primeira vez, tras ser elixido polo Parlamento de Navarra e tras presentar a súa dimisión en xuño de 1996 o entón Presidente do Goberno de Navarra polo PSOE, Javier Otano Cid, implicado nun caso de corrupción política. Nas eleccións do 13 de xuño de 1999, do 25 de maio de 2003 e do 27 de maio de 2007, Miguel Sanz Sesma volvería ser reelixido Presidente.

 
Sanz, segundo pola dereita, atende un acto en Roncesvalles, en febreiro de 2010.

Por razón do seu cargo, foi tamén Presidente do Consello de Administración de Caixa Navarra, e vogal da Confederación Española de Caixas de Aforro. En 1996, desempeñou tamén a presidencia da Comunidade de Traballo dos Pireneos.

É a persoa que máis tempo gobernou Navarra, gobernou durante 15 anos.

O xuíz arquiva de novo a causa de Banca Cívica ao non ver delitoEditar

"Non aparecen perdas incorridas sen contabilizar, non hai saneamentos pendentes e a solvencia do banco sempre ten respaldo contable, superando nalgúns momentos o esixido oficialmente".

Son as premisas que Velasco pon sobre a mesa para soster que non hai indicios de que as súas contas fosen "incertas" ou estivesen "maquilladas" para "enganar a Administración ou os usuarios", como sosteñen as acusacións. E, en todo caso, aduce que os axustes "continuados" que fixo están na media do que fixeron outras caixas de aforros similares.

Cargos internosEditar

En relación ao seu partido, UPN, desde 1985 é membro da Comisión Executiva. Entre 1989 e 1997 foi vicepresidente, e en febreiro do mesmo ano foi elixido presidente desta formación política, cargo que revalidou no congreso celebrado en 2001. En 2009 foi substituído por Yolanda Barcina.

Miguel Sanz actualmente forma parte do consello de administración de Adegas Sarría. Miguel Sanz Sesma é, ademais, membro dos consellos de administración de Truck and Wheel, Servizos Ecolóxicos de Navarra e Grupo MGO S.A. de Riscos Laborais.

IdeoloxíaEditar

Sanz é partidario dunha Navarra integrada en España como unha comunidade diferenciada e móstrase partidario de suprimir a Disposición transitoria cuarta da Constitución española, que habilita un mecanismo para a unión de Navarra e o País Vasco:

Hai que suprimir este precepto porque se o día de mañá os navarros entran en demencia e tolean, poden mandar ao traste a identidade do vello Reino.

Mesmo manifestou que renunciaría á presidencia se así se conseguise "blindar" a Navarra.Respecto ás relacións coa comunidade autónoma do País Vasco móstrase contrario á creación dun órgano de cooperación entre ambas comunidades. En relación co éuscaro defende a actual normativa de zonificación lingüística e considera que:

...a normalización da lingua vasca sería prexudicial para a calidade da ensinanza, unha universidade bilingüe sería unha mala universidade.[2]

Sanz referiuse en multitude de ocasións aos partidos nacionalistas cos que descarta calquera pacto electoral

"O PNV comparte os obxectivos de ETA."[3]
Nunca conformaremos un goberno nin con Batasuna nin con Nafarroa Bai. Non o faremos porque non só nos diferencia o tema das pistolas, senón algo tan substancial como o modelo institucional.

En relación coas negociacións con ETA, Sanz manifestou o seu apoio ao proceso iniciado durante o Goberno do Partido Popular de José María Aznar:

Se ETA abandona as armas podríase falar e negociar, e aí Navarra vai estar e será xenerosa. (…) Na medida en que se consolide a tregua e poidamos falar de abandono definitivo da violencia, poderase falar doutras cuestións como a política penitenciaria e a reinserción. (14 de outubro de 1998)

Aínda que se mostrou nun principio escéptico ante "os indicios esperanzadores de paz", posteriormente tornaríase abertamente desconforme co proceso iniciado polo goberno de Rodríguez Zapatero, ao considerar que Navarra estaba sendo tema de debate nas conversacións mantidas con ETA. Tamén era contrario á creación dunha "mesa de partidos".

Durante os mandatos de Miguel Sanz, a práctica legal do aborto non puido realizarse nin na sanidade pública navarra nin na privada, aínda que as mulleres que se acollían á lei eran derivadas a comunidades limítrofes.

NotasEditar

  1. [1] Conseguiu un posto de director na sucursal de Caixa Rural de Cintruénigo grazas a un dos seus primeros mentores, José Luis Navarro, tamén de Corella, directivo de Caixa Rural, un rico empresario, presidente da Federación Navarra de Fútbol.
  2. [2] Reacción ás declaracións de Sanz sobre o euskera
  3. [3] Boletín de Prensa do ministerio da Presidencia que alude ás declaracións de Sanz realizadas en "La razón" en decembro de 2006.
  • [4] O xuíz volve arquivar a causa de Banca Cívica ao non ver delito Diario de Navarra 07/08/2015

Véxase taménEditar