Meiriñados de Navarra

división histórica de Navarra

Os meiriñados (en castelán: merindades, en éuscaro: merindadeak) son territorios que estaban baixo a xurisdición do meiriño, un oficial público encargado da administración económica, financeira e xudicial dun territorio. Establecéronse tras a conquista do territorio occidental do reino de Navarra (Duranguesado, Señorío de Biscaia, Áraba e Guipúscoa) en 1200, para establecer un sistema defensivo do resto do territorio. Cada meiriño mantiña os castelos en perfecto estado e controlaba a actividade militar.[1] Xa no século XIII, en tempo do rei Teobaldo II (1253-1270), delimitáronse catro meiriñados: Montaña ou Pamplona, Sangüesa, Tierra Estella e Ribera ou Tudela, e dotóuselles dunha organización máis racional e eficaz. En 1407 creouse o meiriñado de Olite, composto por distintas localidades anteriormente situadas en Sangüesa, Tudela e Estella.

A Comunidade Foral de Navarra dividida nos cinco meiriñados históricos coas respectivas capitais.

Cada meiriñado establecía un centro urbano principal: Pamplona na montaña, Sangüesa e Estella nos seus respectivos meiriñados, Tudela na Ribera e Olite no meiriñado do seu nome. A importancia de cada un tiña que ver coa suma de varios factores: a súa actividade económica como centro artesán e comercial, a súa densidade demográfica, a súa situación estratéxica e os seus castelos e murallas.[2]

Os partidos xudiciais abarcan o mesmo territorio que os meiriñados e en tres casos as capitais son as mesmas (Pamplona, Tudela e Estella). Os partidos xudiciais de Aoiz e Tafalla corresponden aos meiriñados de Sangüesa e Olite respectivamente.[3]

Meiriñados editar

Meiriñado Poboación (2011) Extensión (km²) Capital Concellos
Meiriñado de Estella 66.317 2.068,6 Lizarra 72
Meiriñado de Olite 48.037 1.387,32 Olite / Erriberri 27
Meiriñado de Pamplona 349.839 2.438,2 Pamplona-Iruña 86
Meiriñado de Sangüesa 82.503 2.070,8 Sangüesa / Zangoza 64
Meiriñado de Tudela 97.576 1.526,7 Tudela 23

Notas editar

  1. "Iñaki Sagredo. Elaboración e explicación histórica do mapa. Tenencias e meiriñados.". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2012. 
  2. Atlas de Navarra, Geografía e Historia, páx 16, edita: 2006 Departamento de Educación del Gobierno de Navarra e EGN Comunicación, ISBN 84-934512-1-5
  3. Atlas de Navarra, Geografía e Historia, páx 17, edita: 2006 Departamento de Educación del Gobierno de Navarra e EGN Comunicación, ISBN 84-934512-1-5

Véxase tamén editar

Outros artigos editar