Abrir o menú principal

Universidade Pública de Navarra

A Universidade Pública de Navarra, abreviado UPNA (en éuscaro: Nafarroako Unibertsitate Publikoa ou NUP), é unha universidade pública española, a segunda por número de alumnos existente en Navarra. Conta con aproximadamente 8.000 alumnos en tres campus situados en Pamplona e Tudela.

Universidad Pública de Navarra
Nafarroako Unibertsitate Publikoa
Universidad Pública de Navarra - Biblioteca.jpg
Datos xerais
LocalizaciónPamplona e Tudela
Fundación21 de abril de 1987
Datos actuais
ReitorJulio Lafuente López
Alumnos8.195
Datos de contacto
EnderezoCampus de Arrosadía s/n
31006 Pamplona España
Páxina webhttp://www.unavarra.es/
Universidade Pública de Navarra

A UPNA foi creada en 1987 polo Parlamento de Navarra, por iniciativa do entón goberno socialista de Gabriel Urralburu, co obxectivo de que ampliase a oferta de titulacións existentes e de que reunise as ensinanzas universitarias impartidas en centros públicos que, ata ese momento, actuaban sen a coordinación suficiente.

Xunto coa Universidade de Navarra (privada) e a UNED é unha das tres universidades con sede na capital navarra.

CentrosEditar

Pódense cursar 22 titulacións oficiais e especialidades de primeiro e segundo ciclo, 23 de grao, e máis de 30 programas de postgrao, ademais de 8 títulos propios en 4 Facultades e 2 Escolas Superiores:

  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
  • Facultade de Ciencias Humanas e Sociais.
  • Facultade de Ciencias Xurídicas.
  • Facultade de Ciencias da Saúde (Antiga Escola Universitaria de Estudos Sanitarios).
  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos.
  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e de Telecomunicación.

CampusEditar

A universidade conta con tres campus:

  • Campus de Arrosadía, obra de Sáenz de Oiza, con 26 hectáreas urbanizadas, atópase en Pamplona e aglutina o Aulario, a Biblioteca, sete edificios departamentais, o Reitorado, o edificio de Administración e Xestión, o edificio de Talleres e Laboratorios, a cafetaría, Comedores, e o edificio de El Sario.
  • Campus de Ciencias de la Salud, no recinto do Complexo Hospitalario de Navarra da cidade de Pamplona, nel atopamos o edificio de Ciencias da Saúde co Departamento do mesmo nome e a Escola Universitaria de Estudos Sanitarios.
  • Campus de Tudela, entrou en funcionamento en 2008 na cidade de Tudela.

Véxase taménEditar