Juan Antonio Moguel

escritor español

Juan Antonio Moguel Urquiza, nado en 1745, finado en 1804, foi un sacerdote e escritor vasco.

Infotaula de personaJuan Antonio Moguel
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1740 Editar o valor em Wikidata
Eibar, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1804 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Markina-Xemein, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sacerdote católico , inquisidor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisJuan Ignacio Moguel Almazan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Gabriela Ignazia Urkiza Aranzabal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Literaturaren Zubitegia: 472

Moguel foi unha figura relevante da intelectualidade vasca do século XIX. Realizou diversos estudos sobre a orixe da lingua vasca e a súa relación coas outras linguas prerrománicas e románicas. Realizou diversas obras en éuscaro e en castelán. Entre elas destaca Peru Abarca, que se pode considerar a primeira novela escrita en éuscaro.

Igrexa de San Andrés en Éibar, vila natal de Mogel.

Biografía editar

Naceu en Éibar, Guipúscoa, País Vasco en 1745. Foi ordenado sacerdote en 1770 e destinado como párroco a Xemín, barrio de Markina. Foi membro da "Real Sociedad Bascongada de Amigos del País" e mantivo abundantes relacións coa elite intelectual daquel tempo (Peñaflorida, Samaniego, Astarloa, J.M. Aguirre, Humboldt ou Vargas Ponce). Humboldt dicía que Juan Antonio Moguel é un dos lingüistas máis doutos de Biscaia. Morreu en Markina (Biscaia) en 1804 á idade de 59 anos.

Foi tío de dous coñecidos escritores en éuscaro: Joan Jose e Bizenta Moguel.

Obras editar

A obra de Juan Antonio Moguel foi extensa e divídese tradicionalmente pola temática dos seus traballos:

 
Insausti jauregia, sede da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País.

Lingüística editar

  • "Historia y geografía de España ilustrada por el idioma Vascuence" (1800)
  • "Cartas y disertaciones de D. Juan Antonio Moguel sobre la lengua vascongada" publicadas en Alemaña en 1847 e en Madrid

Nestes dous estudos realizados en castelán sobre a historia e o éuscaro expuxo a tese do vascoiberismo, onde se emparentaba o éuscaro coas linguas ibéricas prerromanas e doutros lugares de Europa. Xustificaba o seu discurso co estudo da etimoloxía do éuscaro e a toponimia peninsular.

  • "Nomenclatura de voces guipuzcoanas, sus correspondientes vizcaínas y castellanas, para que el puedan entender ambos dialectos": Esta obra escribiuna defendendo e aclarando o uso do éuscaro e as relaciones entre distintos dialectos, así como co castelán e o latín.
  • "Demostración práctica de la pureza, fecundidad y elocuencia del idioma Bascuence contra las preocupaciones de varios escritores extraños y contra algunos Bascongados, que sólo tienen noticia superficial del idioma patrio"(1802): contén traducións ao éuscaro guipuscoano de discursos de autores latinos recoñecidos.

Relixión editar

Escribiu e traduciu diferentes obras relixiosas, a primeira no dialecto guipuscoano e as outras dúas en biscaíño:

  • "Konfesio eta Komunioko Sakramentuen gañean erakasteak" (1800)
  • "Konfesio ona" (1803)
  • "Kristinauaren jakinbidea" (1805)

Filosofía editar

Literatura editar

  • "Alegiak" (1980, 1995): A maioría de escritos que se recollen baixo este nome son traducións e adaptacións das fábulas de Esopo e Fedro.
  • "El doctor Peru Abarca, catedrático de la lengua bascongada en la Universidad de Basarte o Diálogos entre un rústico solitario bascongado y un barbero callejero llamado Maisu Juan" (1802): Considerada a primeira novela en éuscaro, é a obra máis coñecida deste autor, a súa obra capital. Foi impresa oitenta anos despois de ser escrita e foi publicada en castelán en 1899. É coñecida como Peru Abarka. Mediante os diálogos entre un sabio e virtuoso labrego e un barbeiro ignorante, Mogel ofrece un estimable tratado de etnografía, dando a coñecer os nomes de animais e plantas, os diferentes traballos e os hábitos sociais no País Vasco rural do século XIX.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Enciclopedia General Ilustrada del País Vasco. Editorial Auñamendi (1996) ISBN 84-7025-147-3.[cómpre nº de páxina]
  • 2.Euskara eta Literatura. Elkar. Elgoibarko Euskara Mintegia.