Abrir o menú principal

Josu Urrutikoetxea

membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA)

José Antonio Urruticoechea Bengoechea,[1] nado en Ugao-Miraballes, Biscaia o 24 de decembro de 1950, tamén coñecido como Josu Ternera e como Josu Urrutikoetxea Bengoetxea, é un membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e ex-deputado de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco.[2]

Josu Urrutikoetxea
Nome completoJosé Antonio Urruticoechea Bengoechea
AlcumeJosu Ternera e Josu Urrutikoetxea
Nacemento24 de decembro de 1950
 Ugao-Miraballes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónterrorista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pertenceu a ETA-V Asemblea na que ocupou, até o seu paso á clandestinidade, o cargo de responsable político en Biscaia. En maio de 1971 foxe a Francia, momento en que se incorpora á fronte militar da organización terrorista. O 15 de xullo de 1972 ataca a fábrica de Orbegozo en Hernani (Guipúscoa), roubando aproximadamente catro millóns de pesetas da época. O 28 de xullo de 1972 intervén no atraco a unha furgoneta que levaba divisas para o Banco de Biscaia na localidade de Pasaia (Guipúscoa), apoderándose de máis de 12 millóns de pesetas. O 6 de decembro do mesmo ano participa no atentado á Casa Sindical de Hernani. O 21 de xaneiro de 1973, asalta xunto a outros membros da banda unha polvoreira de Hernani conseguindo máis de 3.000 quilos de dinamita e diverso material explosivo. Unha parte destes explosivos sería empregada en decembro do mesmo ano para realizar o atentado contra Luis Carrero Branco, presidente do Goberno de Franco. Tras a morte do que fose responsable da fronte militar Eustakio Mendizabal Benito, Txikia, fíxose cargo de devanditas responsabilidades.

En 1980, entra a formar parte da executiva da organización terrorista ETA militar. En xullo de 1984 convértese no número dous de ETA. Destaca durante estes anos a súa oposición ás conversas de Alxer, entre o goberno de Felipe González e ETA, que terminarían en fracaso. Tras a morte de Txomin Iturbe Abasolo convértese no número uno da organización.

En xaneiro de 1989 é detido en Baiona xunto á súa muller (a dirixente de relacións exteriores de Herri Batasuna Elena Beloki Resa, quen en decembro de 2007 sería condenada pola Audiencia Nacional a 13 anos de prisión por un delito de integración en organización terrorista en calidade de dirixente). Ingresa na prisión de Fresnes, preto de París. Posteriormente sería extraditado a España, onde quedou en liberdade ó considerarse que fora xulgado en Francia por pertenza e financiamento de ETA e que os demais delitos de que se lle podía acusar prescribiran.

Actividade políticaEditar

A finais da década de 1990 foi deputado do Parlamento Vasco, electo en Biscaia polas listas de Euskal Herritarrok, que despois sería ilegalizada. Foi, así mesmo, membro da Comisión de Dereitos Humanos de dita cámara.

Foi citado a declarar en dúas ocasións ante o Supremo quen investigou se deu a orde de cometer o atentado contra a casa cuartel da Garda Civil de Zaragoza en 1987, no que morreron once persoas, entre elas cinco nenos.[3] Fuxiu de España en novembro de 2003 ó ser imputado polo atentado, permanecendo dende entón en paradoiro descoñecido.

En decembro de 2011, o Departamento de Estado dos Estados Unidos incluíuno na lista de terroristas polo seu rol decisivo na banda ETA, conxelando todos os seus bens e contas que puidese ter en chan norteamericano ó constituír unha ameaza para o país.[4]

EnfermidadeEditar

En novembro de 2008 sóubose que padecía un cancro terminal de estómago, segundo fontes da loita antiterrorista española, e que se atopaba en tratamento dende facía anos. Ditas fontes consideraron que estaba apartado da dirección de ETA.[5] Con todo, tras o anuncio en outubro de 2011 do cesamento definitivo da súa actividade armada, a policía española considerouno de novo á fronte da organización xunto con David Pla e Iratxe Sorzabal.[6]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar