Joshua Fishman
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Joshua Fishman (Shikl Fishman)[1], nado en 1926 en Filadelfia e finado o 1 de marzo de 2015, foi un sociolingüista norteamericano, especialista en yiddish e creador do concepto de diglosia.
Joshua Fishman | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xullo de 1926 |
Lugar de nacemento | Filadelfia |
Falecemento | 1 de marzo de 2015 |
Lugar de falecemento | Bronx |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Columbia e Universidade de Pensilvania |
Ocupación | lingüista, sociolingüista, profesor universitario, escritor de non ficción e sociólogo |
Premios | Linguapax Prize e honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na Universidade de Pensylvania e na de Columbia. En 1960 obtén o posto de profesor de psicoloxía na Universidade Yeshiva de Nova York. Fundou o International Journal of the Sociology of Language.
Especializado no bilingüismo e nos procesos de substitución lingüística, a súa obra Language Loyalty in the United States (1966) serviu de base para a aprobación da Lei de educación bilingüe dos Estados Unidos (1968).
Coas súas obras Readings in the Sociology of Language (1968) e Advances in the Sociology of Language (1971-1972) foi un dos creadores da socioloxía da linguaxe. Fisham modificou a definición de diglosia dada por Charles Ferguson, para lle dar un matiz de funcionalidade comunicativa diferente para cada variedade lingüística que fala a comunidade.
NotasEditar
- ↑ Zuckermann, Ghil'ad (2012). "Introduction to the Joshua A. Fishman comprehensive bibliography", International Journal of the Sociology of Language (Int’l. J. Soc. Lang.) 213: 149-152.