José Ramón Ónega

político e xornalista galego

José Ramón Ónega López ou Xosé Ramón Ónega López[2], nado en Mosteiro (Pol) o 8 de marzo de 1939 e finado en Madrid o 7 de febreiro de 2021[3], foi un político e xornalista galego.

José Ramón Ónega
Nacemento8 de marzo de 1939
 Mosteiro
Falecemento7 de febreiro de 2021
CausaCOVID-19
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, escritor e político
CónxuxeMaría Esther Coladas-Guzmán González
FillosMaría Jesús[1], Gonzalo e José Ramón
IrmánsFernando Ónega
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos[4], debutou no xornalismo con colaboracións infantís con El Progreso, como correspondente en Mosteiro[5]. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1962, e mentres estudaba colaboraba como xefe do departamento de información do Sindicato Español Universitario, co xornal La Noche[6]. Nese tempo iniciou a súa carreira política, que continuou ao entrou a traballar como técnico na administración do estado no ministerio do Interior español. Trasladouse a vivir a Madrid, onde residiría a maior parte da súa carreira profesional, e colexiouse como avogado tamén nesa cidade. Nos anos finais da ditadura foi profesor dunha materia introdutoria ao Dereito Público e Privado na Universidade Complutense (1974-76).

Ónega comezou a ter presenza pública cando durante a transición ocupou cargos de relevancia política. Cos gobernos de Adolfo Suárez e Leopoldo Calvo-Sotelo foi subdirector xeral de Política Interior (1977), subdirector xeral do Gabinete Técnico da Subsecretaría de Orde Pública (1978) e despois gobernador civil, primeiro en Zamora (1979) e logo en Biscaia (1982-1984).

Coa chegada do PSOE ao poder, continuou vinculado ao ministerio do Interior como inspector xeral de Servizos. En 1996, o goberno de José María Aznar noméao director xeral de Política Interior, sendo ministro Jaime Mayor Oreja.

Tamén foi presidente da Comisión Nacional contra a violencia deportiva, secretario xeral da Comisión Interministerial de Estranxeiría e presidente da Comisión Interministerial de Asilo e Refuxio.

Foi o director da Casa de Galicia de Madrid desde 2009 ata a data do seu falecemento en 2021. Tamén foi nomeado presidente de honra do Centro Galego de Madrid en 2013.

ObraEditar

Ademais do seu labor político, escribiu libros de investigación histórica e etnográfica:

  • Los judíos en el Reino de Galicia (1981)
  • Odoario el Africano. Colonización de Galicia en el s. VIII. (Do Castro, 1988)
  • Pasado, presente e futuro de A Pontenova. (Ed. Bao, 1988).
  • Perfil histórico, artístico y paisajístico del Concello de Pol, Lugo, 1988.
  • José Mª Díaz Sanjurjo. Un gallego en Vietnam (Deputación Provincial de Lugo, 1991)

NovelaEditar

  • El enigma de Jose An (Do Castro, 1991)
  • El promontorio de los claveles marinos (1999)

PoesíaEditar

  • Sol de poniente (2004)

Vida persoalEditar

Era o irmán máis vello de Fernando Ónega, e tío da xornalista e presentadora Sonsoles Ónega. Tamén tivo un irmán máis novo, que finou aos 14 meses de idade[4].

Casou en 1966 con María Esther Coladas-Guzmán, coa que tivo tres fillos[4].

Faleceu como consecuencia da COVID-19.

NotasEditar

  1. Finada en xullo de 2009.
  2. "Xosé Ramón Ónega López". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-02-07. 
  3. Redacción (7/2/2021). "Muere por covid José Ramón Ónega, el embajador de Galicia en Madrid". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7/2/2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Cora, José de (9/3/2020). "Ónega, gobernador de Vizcaya en los años del plomo". A Bitácora de Cora (en castelán). 
  5. Cora, José de (2021-02-07). "Perfil. Ónega, una vida entre el periodismo y la política". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-02-07. 
  6. "Fallece por COVID José Ramón Ónega, tras una apasionante vida dedicada a la función pública". www.elcorreogallego.es (en castelán). 7/2/2021. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar