Xosé de Cora

xornalista e escritor galego

Xosé de Cora Paradela, nado en Lugo o 5 de xuño de 1951, é un xornalista e escritor galego.

Xosé de Cora
Nacemento5 de xuño de 1951
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi redactor da axencia Efe (1970-79) en Madrid e correspondente alí de El Progreso, Ferrol-Diario, Región de Oviedo e La Voz de Avilés. Tivo colaboracións en Lui, Doblón, Tiempo, Galicia Internacional, Radio Lugo, Radio Nacional e Radio 80. Director da revista En Punta, especializada en medios de comunicación, e redactor xefe de El Indiscreto Semanal. En 1980 foi nomeado director de El Progreso, cargo que ocupa ata o ano 1994, no que pasa a ser director xeral do Grupo El Progreso.

Premios La Codorniz de Plata (2000), José Luis Alvite (Asociación de Periodistas de Galicia) (2018), Moncho do Pío (2021) e Fernando Arenas Quintela (2019). pola súa actividade como humorista e columnista, os tres primeiros, e pola monografía Ilustres asesinos y distinguidos cadáveres, o cuarto. Mención especial ao guión de O ladrón de reliquias no concurso Camiño do Xacobeo (2004), e finalista do Julio Camba (2021).

Profesor convidado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Presidiu a Asociación da Prensa de Lugo, a Asociación Galega de Televisións Locais e foi tesoureiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Pertenceu á Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual. Académico da Galega de Gastronomía e académico de honra da A. Xacobea.

A través de Lugopress, a produtora do Grupo El Progreso, dirixe series, documentais e tv movies para televisión:

  • Vinte séculos de noivado (2001)
  • Saúde, diñeiro e amor (2002)
  • El Grial de Ancares (2003)
  • LIC-Parga-Ladra-Támoga. Tierras de Piedras y Agua (2005)
  • Herexes (2007)
  • Los secretos del gato (2008)
  • O ladrón de reliquias (2003)
  • Hitler, Garbo… e Araceli (2009)
  • Calendario extravagante 2011 y 2012
  • Vidas de pazo (2013)
  • Antoloxía da memoria de Lugo (2013)

Coprodutor de Sal gorda, de Fernando Trueba e guionista da curtametraxe O bezoar.

Lugopress levou a cabo tamén as coproducións do documental Muxía. Política na Costa da Morte, de Ricardo Llovo; as longametraxes O ano da carracha, de Jorge Coira; e 3:19, de Dany Saadia; as publicacións de El Progreso: Paseante en Lugo, de Ánxel Fole, Calendario de Galicia, Mil preguntas sobre Lugo, Cien portadas e Un siglo de publicidad; o ciclo de conferencias O amor e como conseguilo na Galicia máxica, e o xogo Talismanes del Camino.

Obra en galego editar

  • Homes de Fole (1983) (SEPT).
  • Barreiro contra Barreiro (1990) (Xerais).
  • Pecados manuais (1991) (Xerais).
  • Letra de muller (1992) (Biblioteca 114, El Correo Gallego).
  • Pelúdez despide a Trapacero (1995) (El Progreso).
  • Pascual Veiga (1997/2002) Con Xulio Pardo de Neyra (Xunta de Galicia).
  • Diccionario de Fole (1998) Con Memé Díaz (Barrié de la Maza).
  • Fala Fole (1998) (El Progreso).
  • Xosé Trapero Pardo (2000) (Xunta de Galicia).
  • Pelúdez. O libro (2008) (Concello Lugo).
  • O Álbum dos lucenses (I, II, II e IV vol.) Cromos de Memé Díaz. (2023) (El Progreso)
  • Talismáns. Enciclopedia máxica de Galicia. Fotografías de Pepe Tejero e Roberto Díaz. (2024) (60ráfagas).
Colectiva
  • A convivencia social no Xacobeo 93 (1994) Con Antonio Fraguas, X.M. García Iglesias, Chano Piñeiro, Xosé Luis Teófilo, I. Díaz Pardo. G. Torrente Ballester, D. García Sabell, J. Ramón Díaz, X. M. Rey Nóvoa et al. (Consellería de Cultura)
  • Cara ó Miño (1996) (Plataforma pola Defensa do Miño)
  • Contos no Camiño (1996) (Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Lugo)
  • Unha liña no ceo (1996) (antoloxía colectiva) (Xerais)
  • O Camiño dos Medios (1996) (Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago)
  • Poemas e contos da Muralla (2001) (Concello de Lugo)
  • O noso camiño (2023) Con Santiago Lamas, Moncho Conde-Corbal, Maribel Outeiriño, Xaquín López, Felipe Senén e Darío Villanueva. (Pelerinaxes)

Obra en castelán editar

  • Ideologías para un Rey. Con Jimmy Giménez-Arnau, Ricardo Martín e Santiago García (Aguaribay, 1975)
  • Panfletos y contrapropaganda antifranquista (Guadiana, 1976)
  • La enciclopedia morada. Con Guillermo Galván e José Luis Coll (Alvarellos, 1980)
  • Papá. Ilustracións de Chumy Chúmez (E do Castro, 1981)
  • Cien pájaros en mano. Ilustración de Ánxel Huete (E. do Castro, 1983)
  • Cuba en dos tiempos. Con Manuel David Cheda, Maribel Outeiriño, José Vázquez, José Luis González Sobral et al. (Turi-Press, 1984)
  • Manual del perfecto político (Espasa Calpe, 1991)
  • El libro del viajero feliz (Espasa Calpe, 1992)
  • Fascinación y misterio de ella Fotografías de Pepe Tejero (Libros Lieiro, 1996)
  • Potoko Ciganda (Boente, 2000)
  • Calendario de Galicia. Fotografías de Pepe Tejero (El Progreso, 2002)
  • Secuestro y fonda de Cela en Contamina (Tris Tram, 2008) 1ª novela Tetralogía Autores
  • La verdadera historia del último inquisidor y el maravilloso Oráculo de la Vida (EDAF, 2008)
  • La navaja inglesa (Tropo Editores, 2014)
  • Guía de la playa de Las Catedrales y el litoral de Ribadeo. Fotografías de Pepe Tejero (60ráfagas, 2014)
  • Guía de Lugo (Visible e invisible). Ilustracións de Joaquín Ciganda. Fotografías Pepe Tejero e Memé Díaz (El Progreso, 2014)
  • Lugo único. Fotografía Pepe Tejero (El Progreso, 2015)
  • Titanes contra pobreza. (El Progreso, 2016)
  • El estornudo de la mariposa / Los Garbo contra Hitler (EDHASA, 2016)
  • Te llamaré Muerto / Valle Inclán y Acevedo en la Casa do Demo (EDHASA, 2018) 2ª novela Tetralogía Autores
  • 110 lucenses singulares (El Progreso, 2018)
  • Ilustres asesinos y distinguidos cadáveres. Premio Literario Fernando Arenas Quintela (Publicaciones Arenas, 2019)
  • Habla Mario (EDHASA, 2019) 3ª novela Tetralogía Autores
  • Una plácida y brutal mañana en Belvedere. Audiolibro. Narradores: Niloofer Khan e Pablo López (Sonolibro, 2019)
  • Veneno de mujer. Asesinas y sus ponzoñas. Con Óscar Soriano. Crónicas (EDHASA, 2021)
  • El pronunciado escote de Mondoñedo. Memorias algo apócrifas de don Álvaro Cunqueiro. (Hércules Ediciones 2023) 4ª novela Tetralogía Autores.
Colectiva
  • Mayores y jóvenes (1993) Con Antonio Buero Vallejo, Camilo José Cela, Miguel Delibes, Miguel Fisac, Mariano Rajoy, Nicolás Redondo, Joan Manuel Serrat et al. (Consejo Español de Mayores)
  • Retales del pasado. Antología de Relatos Históricos (2015) Con Carla Montero, Carlos Aurensanz, Carolina Molina, Francisco Narla, Javier Negrete, Javier Pellicer, Mado Martínez, Magdalena Lasala, Manuel Sánchez-Sevilla, Miguel Aceytuno, Nerea Riesco, Olalla García, María Pilar Queralt del Hierro, Ramón Múñoz, Ricard Ibáñez, Sebastián Roa, Concepción Perea e Teo Palacios. (Pàmies)
  • Retales del pasado. Rakuten Kobo, libro electrónico.[1]
  • Los periodistas estábamos allí para contarlo (2018) Con Fernando Jáuregui, Rafael Fraguas, Federico Quevedo, Bernardo Pérez, Lois Caeiro, Victoria Prego, Pilar Cernuda, José María Carrascal, Andrés Aberasturi, Fernando Ónega, Manuel Campo Vidal et al. Constituc40n (Teófilo Edicións)
  • El camino de Künig a Compostela. Con Tomás Álvarez, Carlos Sánchez Montaña, José María Álvarez, Cristóbal Ramírez e Mónica Drerup. (2020) (Ediciones del Lobo Sapiens)

Series prensa

  • Aristarcos e godallos (1993) (El Progreso)
  • El punto Je (2001- ) (El Progreso)
  • Antoloxía da memoria de Lugo (2013) (El Progreso)
  • E Pelúdez dixo... (1995- ) (El Progreso)
  • Historia criminal de Lugo (Siglos XIX, XX y XXI) (2016- ) Ilustracións: Potoko Ciganda. Fotografías: Memé Díaz (El Progreso)
  • Historia criminal de Pontevedra (Siglos XIX, XX y XXI) (2016- ) Ilustracións: Potoko Ciganda. Fotografías: Memé Díaz (El Progreso) (Diario de Pontevedra)
  • Cuerda de célebres (2016- ) (El Progreso)
  • El álbum de los lucenses (2019- ) (El Progreso)

Teatro editar

  • El bicéfalo (Estreada en Miami en novembro de 2012) Dirección: Nour da Silva. Actores: Sergio Doré J. e Alexander Otaola.

Radio editar

  • La Nueva Cultura (1969) (Radio Lugo)
  • Profesor Morado, dentro de Viento del Norte, de Manolo Sicart (Premio Ondas 1980) (Radio Lugo)
  • Profesor Morado, dentro de Círculo vicioso, de Manolo Sicart (2002) (M80)
  • Crímenes en Blanco y Negro, dentro de Más de Uno Lugo, de Mónica Santos (2020-22 ) (Onda Cero)
  • La sinfonola de la historia, dentro de Más de Uno Lugo, de Mónica Santos (2022- ) (Onda Cero)

Notas editar

  1. "Retales del pasado". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020.  Arquivado 20 de xuño de 2020 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar