José Moreno Torres (sindicalista)

sindicalista e militar galego

José Moreno Torres, Comandante Moreno, nado na Coruña o 4 de marzo de 1904 e finado en Monteseiro (A Fonsagrada) en 1937, foi un sindicalista e militar galego.

Modelo:BiografíaJosé Moreno Torres

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1904 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mortep. 31 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Monteseiro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpanadeiro, sindicalista, militar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiJosé Moreno Bello Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937evasión de La Libertaria Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4934

Traxectoria

editar

Naceu no barrio coruñés de Vioño, fillo do militante anarquista José Moreno Bello, fundador da Unión Campesina. Comezou a súa militancia anarquista na emigración en Nova York, en contacto coa colonia anarquista galega. Traballou na fábrica Singer. Coa proclamación da II República, volveu da emigración e comezou a militar na CNT galega, participando en mitins e ocupando cargos como o de secretario da Federación Local Obrera da Coruña, membro do Comité Regional da organización, e director de Solidaridad Obrera. Panadeiro de oficio, foi un dos creadores da Federación Regional de Industria del Ramo de la Alimentación de la CNT. A partir de 1932 integrouse na facción máis radical da CNT, responsable de varios intentos insurreccionais en 1933. Representou a sindicatos coruñeses no Congreso de Zaragoza da CNT en maio de 1936.

 
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nos intentos de resistencia na Coruña, falou no mitin da praza de touros para organizar a resistencia e encabezou unha comisión que se dirixiu ao Goberno Civil para pedir que os cuarteis foran asaltados antes de que os militares saíran ás rúas. Cando A Coruña caeu nas mans dos sublevados escondeuse nos arredores, intentando coordinar os grupos de militantes dispersos que non foran capturados. Grazas a este traballo, en colaboración cos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, logrou fuxir da Coruña a principios de xaneiro de 1937, na embarcación La Libertaria, coa que chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro de 1937.

En Asturias asumiu postos de responsabilidade á fronte dos anarquistas galegos, participando na fundación da Agrupación Confederal Galaica. En febreiro de 1937 ingresou no Batallón Galicia co rango de Tenente, e ascendeu posteriormente a Comandante, en substitución de José Penido, en xullo de 1937. Foi ferido nun pé na ofensiva de febreiro de 1937.

Despois escapou cara a Galicia cun grupo de dezaseis anarquistas do Batallón Galicia. A noite do 29 ao 30 de outubro de 1937 chegaron ao porto do Acevo, nos límites de Asturias e Galicia. Alí fixeron noite en dous grupos en dúas tabernas. O grupo de nove que durmía na taberna máis internada en Galicia foi sorprendido por falanxistas e gardas civís da zona, que os capturaron e executaron sumariamente. O outro grupo, alertado polos disparos, non foi sorprendido; enfrontáronse aos atacantes e mataron un falanxista á unha da madrugada do día 30 de outubro. Despois dun breve tiroteo, Moreno e o resto de compoñentes deste grupo escaparon pola parte posterior da casa e internáronse no monte.

José Moreno e outro dos membros do grupo retrocederon cara a Asturias, refuxiándose días despois nunha casa en Monteserín Pequeno, no concejo de Grandas de Salime. Alí foron capturados por falanxistas e gardas civís. Moreno foi conducido á taberna de Carolo da que escaparan, onde estivo detido ata a súa execución. Descoñécese a data exacta do seu asasinato, pero sábese que outros catro milicianos do Batallón Galicia foron detidos e executados o domingo 31 de outubro de 1937. Eran canteiros orixinarios de Forcarei, e un deles, Manuel Bugallo Lois, sobreviviu ata o 4 de novembro, cando foi enterrado no cemiterio da Fonsagrada.

Os feitos que rodearon o seu asasinato e os dos seus compañeiros tiveron un grande impacto na comarca da Fonsagrada e nos seus arredores, chegando a popularizarse un célebre romance sobre o acontecido.[1][2] En 2007 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), coa axuda dos veciños, iniciou a exhumación dos restos do comandante Moreno e de 12 dos seus homes,[3] que foron finalmente soterrados no cemiterio da Fonsagrada en 2009, 72 anos despois do seu asasinato.[4][5] Ao mesmo tempo levouse a cabo a gravación do documental Memorias rotas, dirixido por Manane Rodríguez e que contou con testemuñas de numerosos veciños.[6]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "Onde está o reloxo de ouro do Comandante Moreno?". Nós Diario. 18 de decembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  2. López Fernández, Carme. "Romance do comandante Moreno: música de tradición oral, historia y educación". Universidade da Coruña. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  3. Pérez Pena, Marcos (15 de setembro de 2017). "A Fonsagrada celebrará os dez anos da recuperación dos restos dos membros do Batallón Galicia". praza.gal. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  4. Varela, Froilán (1 de novembro de 2009). "O enterro dos republicanos asasinados no Acevo pecha feridas na Montaña". El Progreso (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  5. "Emotivo sepelio de los 13 del Batallón Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 31 de outubro de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  6. "Memorias rotas : (a balada do comandante Moreno) / un documental de Manane Rodríguez.". rbgalicia.xunta.gal. Consultado o 16 de novembro de 2024.