José Moreno Bello

sindicalista e agrarista galego

José Moreno Bello, nado en Vioño (Carballo), foi un sindicalista e agrarista galego.

Infotaula de personaJosé Moreno Bello
Biografía
NacementoCarballo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Moreno Torres Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vivía na Grela, no concello de Oza, onde combinaba a explotación agraria co traballo de carpinteiro na cidade da Coruña. Militante anarquista, era un dos cadros máis sinalados na sociedade de resistencia dos carpinteiros. Participou na fundación do Centro de Estudios Sociales Germinal, que presidiu en 1904. Organizou en 1907 unha sociedade agraria na Grela que se integrou na Unión Campesina, da que foi membro fundador. Participou na I Asemblea Agraria de Galicia, na que ostentou a presidencia co apoio de Solidaridad Gallega, logo da automarxinación dos representantes do Directorio Antiforista de Teis e do abandono de Manuel Martínez Pérez e das seccións da Unión Campesina que o seguiron. Foi elixido concelleiro en Oza en setembro de 1909.[1] Un dos sicarios dos caciques apodado Riola fíxolle un disparo de revólver sen consecuencias nas eleccións municipais no Concello de Oza de 1910 e José Moreno foi detido.[2] En 1912 marchou á emigración.

Vida persoal editar

Casou con Dominga Torres e foi pai de José Moreno Torres.

Notas editar

  1. El Noroeste, 8-9-1909, p. 2.
  2. El Noroeste, 18-4-1910, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar