Manuel Martínez Pérez
Manuel Martínez Pérez, nado na Coruña e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Coruña, España ![]() |
Morte | 11 de novembro de 1936 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
Traxectoria
editarDe mozo emigrou a Cuba. Ao retornar converteuse en propagandista societario e participou no devalar do obreirismo coruñés. Foi dirixente da Sociedad de Oficios Varios La Heterogénea e participou na creación da Unión Campesina en setembro de 1907. Personificou a escisión da Unión Campesina en 1908 na Asemblea Agraria de Monforte. Cara 1909 foi presidente do Centro de Estudios Sociales Germinal. Tivo que marchar a Cuba e desde A Habana asinou en 1912 un artigo en solidariedade cos desterrados de Teis.[1] Colaborou na revista Galicia. Retornou a Galicia e en 1920 emigrou novamente a Cuba onde fundou a Asociación Galaica de Instrucción Racionalista 13 de Octubre. Volveu a Coruña a finais dos anos vinte e retomou a actividade agraria creando a Unión Mutualista Campesina. Tamén foi pioneiro do asociacionismo veciñal alentando o colectivo Unión de Barrios en 1936. Colaborou en La Voz de Galicia e La Calle. Finou na Coruña o 11 de novembro de 1936.[2]
Vida persoal
editarCasou con Carmen Martínez Cazón e foi pai de Manuel, Lola, Carmen e José Martínez Martínez.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 170–171. ISBN 84-87783-79-1.