Solidaridad Obrera (1922)
Solidaridad Obrera foi un periódico editado na Coruña entre 1922 e 1934.
Solidaridad Obrera | |
---|---|
Fundación | agosto de 1922 |
Remata | 1934 |
Tendencia | Anarquista |
Localidade | A Coruña |
Periodicidade | Semanal |

Historia e característicasEditar
Subtitulado Semanario Órgano de Confederación Regional Galaica, apareceu en agosto de 1922. Estivo dirixido por José Suárez Duque ata a súa morte en setembro de 1923. Foi substituído por Ricardo García Lago até decembro de 1924. Tiraba 3.300 exemplares.
Segunda etapaEditar
O semanario trasladouse a Santiago de Compostela en 1925 debido ás frecuentes suspensións da ditadura de Primo de Rivera. Estivo dirixido por Ezequiel Rey Turnes. Mantívose até 1927, cando foi pechado pola ditadura.
Terceira etapaEditar
Volveu aparecer en novembro de 1930 na Coruña. Estivo dirixido por José Villaverde Velo, que en febreiro de 1933 deixoulle o posto a Claro José Sendón. Desapareceu a resultas da represión que sucedeu á folga xeral revolucionaria de 1934
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 249–250. ISBN 84-87783-79-1.
Ligazóns externasEditar
- Ficha Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine. no Catálogo da Hemeroteca da Deputación de Pontevedra
- Os 178 primeiros números de Solidaridad Obrera (terceira época: 1930)