José María Sánchez Carrión

lingüista español

José María Sánchez Carrión, nado en Cartaxena o 1 de agosto de 1952, é un lingüista español tamén coñecido como «Txepetx» (palabra en éuscaro do carrizo).[1] É licenciado en filoloxía angloxermánica pola Universidade de Salamanca, doutor en lingüística e filoloxía vasca pola Universidade do País Vasco, así como catedrático de Bacharelato de lingua e literatura españolas.[2]

José María Sánchez Carrión
Nacemento1 de agosto de 1952
Lugar de nacementoCartaxena
NacionalidadeEspaña
Relixióncristián
Alma máterUniversidade de Salamanca, Universidade do País Vasco e Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada)
Ocupaciónlingüista, sociólogo, escritor e profesor universitario
PaiJosé Sánchez Faba
XénerosAcadémico
EstudosFiloloxía angloxermánica
editar datos en Wikidata ]

A súa traxectoria académica e profesional estivo moi vencellada dende o comezo tanto co éuscaro como con Navarra e o País Vasco. Está especializado en sociolingüística[3] e lingüística diacrónica.[4] É membro asociado da Euskaltzaindia dende 1983.

Tamén exerceu como profesor en Escocia, Inglaterra, Canarias, Baleares e Andalucía. As súas áreas de investigación centráronse no bilingüismo e na vida das linguas.[5] Ostenta a patente da Hololingüística,[6] á que considera unha "teoría autoconsistente da experiencia lingüística".[7]

Obra editar

Notas editar

  1. JIMENO JURÍO, José María (1997): Navarra: historia del euskera, Tafalla: Txalaparta, p. 245 [1]
  2. SÁNCHEZ CARRIÓN, José María (1992): "Las lenguas vistas desde la historia versus la historia vista desde las lenguas (o el giro copérnicano de un nuevo discurso social)". In: CONGRESO DE ESTUDIOS VASCOS (1992): XI Congreso de Estudios Vascos: Donostia 1991. Nuevas formulaciones culturales: Euskal Herria y Europa. Donostia-San Sebastián: Eusko Ikaskuntza, p. 89 [2] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  3. VILLENA PONSODA, Juan Andrés (2006): "The Iberian Peninsula", in AMMON, Ulrich et al. (2006): Sociolinguistics: an international handbook of the science of language and society, Volume 3, 2nd ed., Berlin: Walter de Gruyter, p. 1805. [3]
  4. TRASK, Robert Lawrence (1997): The history of Basque, Londres: Routledge, p. 69. [4]
  5. Voz "José María Sánchez Carrión" en la Enciclopedia Auñamendi
  6. "Hololinguística". Boletín Oficial de la Propiedad Industrial (en castelán). I. Patentes y marcas (2778): 344. 01 de xaneiro de 2003. 
  7. ALMEIDA, Ileana & ARROBO RODAS, Nidia (1998): En defensa del pluralismo y la igualdad: los derechos de los pueblos indios y el Estado. Quito: Abya Yala, p. 196.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Libros
Entrevistas