José Antonio Abreu
José Antonio Abreu Anselmi, nado en Valera (Estado Trujillo) o 7 de maio de 1939 e finado o 24 de marzo de 2018, foi un director de orquestra, compositor, intérprete (pianista, organista, clavecinista) educador, activista e político venezolano. Era de confesión católica, economista summa cum laude e recibiu doutoramentos honoris causa en economía, música, educación e medicina de diversas universidades do mundo. Estaba considerado unha das iconas culturais de Venezuela.[1][2]
Traxectoria editar
Desde moi novo, dedicouse á música, estudando con Doralisa Jiménez de Medina en Barquisimeto e máis tarde en Caracas, aos dezanove anos, con Moisés Moleiro, Evencio Castellanos e Vicente Emilio Sojo. Completou estudos en Europa e nos Estados Unidos. Graduouse como economista na Universidade Católica Andrés Bello e desempeñou diversos cargos políticos en Venezuela.
El Sistema editar
Abreu fíxose coñecido pola súa asociación coa docencia da música, como creador de El Sistema. Este programa, aínda vixente, busca proporcionar oportunidades educativas e de desenvolvemento persoal a través da música a nenos e mozos, especialmente aqueles en situacións desfavorecidas. Baixo a dirección de Abreu, El Sistema ten participado en programas de intercambio e de cooperación musical con países de todo o mundo.
En 1975 fundou a Orquesta Sinfónica Nacional Juvenil e a Fundación del Estado para el Sistema Nacional de las Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela (FESNOJIV), unha rede de orquestras infantís, xuveniles e de coros que involucra a miles de rapaces e raparigas.[3] Co mesmo método fundouse a Orquesta Sinfónica de la Juventud Venezolana Simón Bolívar fundada en 1979.
Recibiu o Premio Nacional de Música de Venezuela de 1979 polo seu traballo en El Sistema, e o Príncipe de Asturias de 2008.
Honras editar
Abreu foi galardoado co Premio Nacional de Música Sinfónica en 1967.
Foi homenaxeado co Premio Latin Grammy Trustees 2009, unha honra concedida a personalidades que contribuíron á música pola Academia Latina de Artes y Ciencias de la Grabación.
Tamén recibiu o premio TED.
Notas editar
- ↑ Vulliamy, Ed (2007-07-29). "Orchestral manoeuvres". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2023-10-24.
- ↑ "Biografía de José Antonio Abreu (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2023-10-24.
- ↑ "Récord mundial en el Poliedro: Gran concierto con 10.701 músicos en homenaje a José Antonio Abreu". Consultado o 2023-10-24.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Abreu |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Premio Biografía sobre Right Livelihood
- Obra de José Antonio Abreu (Arquivado, en castelán)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |