Jordi Évole
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
Jordi Évole | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Évole no 2009. | |||||||
Nome completo | Jordi Évole Requena | ||||||
Alcume/outros | El Follonero | ||||||
Nacemento | 21 de xullo de 1974 (48 anos) | ||||||
Lugar | Cornellà de Llobregat, Barcelona, ![]() | ||||||
Nacionalidade | España | ||||||
Educado en | Universidade Autónoma de Barcelona | ||||||
Profesión | Presentador, humorista e guionista | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
TraxectoriaEditar
Naceu en Cornellá de Llobregat, fillo dunha nai granadina, Antonia Requena Hidalgo, e pai estremeño, Gonzalo Évole Hurtado.[1] É primo segundo do presentador Jordi Hurtado, xa que o avó de Évole e o pai de Hurtado son curmáns orixinarios do pobo cacereño de Garrovillas de Alconétar.[2] Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Autónoma de Barcelona e comezou a traballar como locutor de partidos de fútbol rexional no programa Carrusel Cataluña (Radio Barcelona). Tamén traballou nos informativos de Telecinco e da Cadena SER, aínda que o seu primeiro contacto televisivo foi na televisión local de Viladecans, Viladecans Televisió.[1]
El TerratEditar
En 2000 fichou como guionista de La cosa nostra, un programa que Andreu Buenafuente presentaba na cadea autonómica catalá TV3. Dende entón pertence ao equipo da produtora deste: El Terrat. Foi colaborador, subdirector e guionista do programa Buenafuente (Antena 3 e logo La Sexta) e interpretou a un dos seus personaxes máis famosos: El Follonero, un suposto crítico espontáneo do programa e da actualidade, sentado entre o público. Tamén participou na primeira xira teatral do grupo Terrat pack, onde visitou varias cidades españolas xunto a Andreu Buenafuente, José Corbacho e Berto Romero.
Deuse a coñecer polas súas participacións nos programas de Andreu Buenafuente ao que interrompía falando dende a bancada con preguntas comprometedoras e retranca.
Nunha das súas aparicións en Una altra cosa, nun gag preparado, "El Follonero" interrompeu a actuación en directo de Pau Donés (Jarabe de Palo) para alegar que este sempre cantaba o mesmo. A escena foi repetida nos zappings nacionais e a personaxe fíxose famosa.[3]
SalvadosEditar
En 2008 comezou a presentar o seu propio programa de televisión na cadea laSexta, que ao principio constaba de varios capítulos dedicados á campaña electoral das eleccións xerais de 2008 como Salvados por la campaña, Salvados por la Iglesia ou Salvados por los toros. Co inicio da segunda tempada abandonou o seu carácter temático e pasou a emitirse semanalmente co nome de Salvados. Nas primeiras tempadas o humor estaba moi presente, pero foise diluíndo para dar paso a un espazo máis centrado no periodístico. Actualmente Salvados é un referente de programa crítico coa situación social, gañador de numerosos premios.[4][5]
O 23 de febreiro de 2014 emitiuse en La Sexta, o falso documental, dirixido por Évole, Operación Palace, no que, a través de testemuños de protagonistas da época como políticos ou periodistas, ofrecía unha nova versión dos acontecementos do golpe de stado do 23 de febreiro de 1981, segundo a cal todo era unha montaxe coñecida e autorizada por todos os partidos políticos que no momento contaban coa representación parlamentaria. A emisión alcanzou unha enorme repercusión na escrita e nas redes sociais, e converteuse na emisión non deportiva máis vista da historia da cadea, con 5,2 millóns de espectadores e un 23,9% de cota de pantalla. Só ao final do programa se dicía a verdade: que todo o que se contara no documental era falso.[6][7][8][9]
En 2016 Salvados estreou tempada con Astral, onde se conta a historia dun veleiro de luxo reconvertido cando o seu dono pensou que non podía seguir desfrutando do barco sabendo que había moita xente arriscando a súa vida lanzándose ao mar, o mesmo Mediterráneo polo que el navegaba, e cedeuno á ONG Proactive Open Arms. Previamente á emisión, Astral foi estreada nos cines.
En 2019 deixou de presentar Salvados despois de once anos, sendo substituído por Gonzo.[10] Dende febreiro de 2020 presenta na Sexta o programa de entrevistas Lo de Évole. En xuño realizou a última entrevista a Pau Donés, enfermo de cancro, só uns días antes da morte do cantante. A entrevista foi estreada en cines co título Lo que tú me das e emitida en televisión en febreiro de 2021 con grande éxito de audiencia.[11]
Outros traballosEditar
Jordi Évole tamén colabora con artigos de opinión no xornal La Vanguardia e en Mundo Deportivo.
Producciones del BarrioEditar
En outubro de 2015, Jordi Évole lanzou xunto a Ramón Lara a súa propia produtora: Producciones del Barrio.[12] Nesta nova etapa realizaron produtos como o documental Astral, ou os programas Malas Compañías (2017), presentado por Cristina Pardo e Bienvenidas al norte, bienvenidas al sur (2018).
TelevisiónEditar
- La Cosa Nostra (1999), guionista e actor.
- Una Altra Cosa (2002), guionista e actor.
- Buenafuente, subdirector, guionista e actor.
- Que no surti d'aquí.
- Arroz con leche (2007) culebrón venezolano. Invitado especial.[13]
- Salvados (2008-act), director, produtor e ata 2019 presentador.
- Malas Compañías (2017-2018), produtor executivo.
- Bienvenidas al norte, bienvenidas al sur (2018), produtor executivo.
- Hasta los 100 y más allá (2018), produtor executivo.
- Familias Reales (2018), produtor executivo.
- Lo de Évole (2020-act), director, produtor e presentador.
PremiosEditar
- Premios Turia 2008: gañador do Premio Huevo de Colón.
- Premio Ondas 2008 á innovación ou á calidade televisiva por Salvados por la campaña.
- Antena de Oro 2010.
- Premio Ondas 2011 ao mellor presentador de televisión.
- Premio Blanquerna ao mellor comunicador (2011).
- Premio Iris 2012 ao mellor reporteiro polo programa Salvados.
- Premio Iris 2012 ao mellor programa de actualidade por Salvados.
- Premio Internacional de Periodismo Manuel Vázquez Montalbán 2013 na categoría de Periodismo Cultural e social.
- Premio Iris 2013 ao mellor reporteiro por Salvados.
- Premio Iris 2013 ao mellor programa de actualidade por Salvados.
- Premio Ondas 2013 á Mellor cobertura especial ou informativa por Salvados (programa adicado ao accidente do Metro de Valencia.
- Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humanos 2013.
- Premio Òmnium de Comunicació 2013.
- Premio Libertad 2013 outorgado pola Loxa Blasco Ibáñez de Valencia.[14]
- III Premio Estatal do Traballo Social (2014).
- Premio Iris 2014 ao mellor reporteiro por Salvados.
- Premio Joan Ramón Mainat (2015).
- Premio Ondas 2019 ao mellor programa de actualidade ou cobertura especial por Salvados e as entrevistas a Nicolás Maduro e o Papa Francisco.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 ""Aquí no sientes agobio turístico, aunque no guste a la hostelería"" (en castelán). 10 de abril de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ "Jordi Hurtado y Évole, primos extremeños" (en castelán). 24 de setembro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ ""El Follonero me ahorra el psiquiatra"" (en castelán). 5 de agosto de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Gonzo, el sustituto de Jordi Évole al frente de 'Salvados'" (en castelán). 3 de maio de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "El discurso de Évole al recoger su Ondas: "Trabajo para laSexta, estoy en directo desde Barcelona y no tengo a nadie gritando 'televisión manipulación', es una suerte"" (en castelán). 15 de novembro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Operación Palace, el falso documental de Jordi Évole". La Vanguardia (en castelán). 23 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Jordi Évole, sobre 'Operación Palace: 'Por lo menos hemos reconocido que es mentira'". El Mundo (en castelán). 24 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Évole bate récords con su patraña del 23-F y logra 5,2 millones de espectadores". El País (en castelán). 24 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Évole rompe audímetros con su falsa 'Operación Palace': 23.9% y 5.2 millones" (en castelán). 23 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Jordi Évole deja ‘Salvados’ tras 11 años". El País (en castelán). 3 de maio de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "'Eso que tú me das', el documental de Pau Donés, arrasa en audiencia en su estreno en televisión" (en castelán). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Jordi Évole deja El Terrat y crea su productora" (en castelán). 8 de outubro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Momentazo: El cameo de un joven Jordi Évole en una telenovela venezolana" (en castelán). 13 de abril de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Jordi Évole y Ada Colau entre los premiados 2013 que entrega la Logia Blasco Ibáñez" (en castelán). 17 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha na IMDb (en inglés)