Pau Donés

cantante e líder do grupo Jarabe de Palo

Pau Donés Cirera, nado en Barcelona[1][2] o 11 de outubro de 1966 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 2020,[3] foi un cantante, guitarrista e compositor español coñecido por ser o vocalista da banda musical Jarabe de Palo.

Pau Donés
Nacemento11 de outubro de 1966
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento9 de xuño de 2020
Lugar de falecementoBagergue
CausaCancro colorrectal
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantautor, compositor e guitarrista
PremiosMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Na rede
IMDB: nm1050349 Musicbrainz: dfa7480f-35af-4fab-8b9a-98a6651b1507 Discogs: 676572 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O músico aragonés, nado e criado en Barcelona, [4][5] comezou a súa andaina con 12 anos. A esa idade tivo a súa primeira guitarra e adquiriu os seus primeiros discos.

Aos 15 anos, co seu irmán Marc, quen tocaba a batería, formou o seu primeiro grupo, J. & Co. Band, e máis tarde, Dentaduras Postizas. Compaxinaba desta maneira concertos en locais de Barcelona co traballo nunha axencia de publicidade. Con ese salario adquiriu o seu primeiro equipo, composto por unha gravadora, un sintetizador, unha mesa de mesturas e unha guitarra eléctrica Fender Stratocaster. Con estes medios gravou os seus primeiros temas.

Posteriormente formou Jarabe de Palo, grupo que empezou a ser coñecido no outono de 1996. O seu primeiro tema, La flaca, fíxose famoso por un anuncio de Ducados para a campaña publicitaria de Carácter Latino. O éxito do grupo naceu tras a campaña desta publicidade en plena primavera de 1997.

Saúde e pasamento editar

O 1 de setembro de 2015 anunciou que o operaran dun cancro colorrectal,[6] polo que se viu obrigado a cancelar os concertos programados en España e en América a partir de entón.[7] O 5 de abril de 2016 anunciou na súa conta de Twitter que estaba limpo de cancro. O 8 de febreiro de 2017 comunicou unha recaída do cancro. Porén, manifestou a súa intención de afrontar a enfermidade sen parar os seus proxectos profesionais, que incluían unha xira, novo disco e libro durante o 2017.[8][9]

En outubro de 2018 anunciou que deixaba a música de maneira indefinida, incluíndo o retiro temporal de Jarabe de Palo, a partir do 4 de xaneiro de 2019. O 13 de abril de 2020 informouse que o grupo volvía gravar disco coa previsión de publicalo en setembro. Porén, a publicación do que sería o seu último traballo Tragas o escupes realizouse o 28 de maio por sorpresa.[10]

O 9 de xuño de 2020 a súa familia comunicou o falecemento do cantante aos 53 anos por causa do tumor. En setembro dese ano estreouse no cinema a película Eso que tú me das. Nela, Pau é entrevistado dúas semanas antes do seu pasamento polo xornalista catalán Jordi Évole, e fala da súa visión sobre a vida. A finais de 2020 concedéuselle a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes de xeito póstumo.[11]

Discografía editar

Con Jarabe de Palo:

Discografía adicional:

Notas editar

  1. Donés, Pau (21 de febreiro de 2017). 50 palos: ... y sigo soñando (en castelán). Grupo Planeta. ISBN 978-84-08-16832-4. Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  2. Aragón, Heraldo de. "Pau Donés siempre presumió de sus raíces aragonesas y su vinculación con Montanuy". heraldo.es (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  3. Redacción (9 de xuño de 2020). "Falece o cantante Pau Donés". Nós Diario. Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  4. Biografía de jarabe de Jarabe de Palo, en quedeletras.com
  5. «"En España no vivimos la música en las tripas"», en El País [...] Jarabe de Palo, la banda encabezada por el barcelonés Pau Donés.
  6. «Pau Donés: "En la vida hay que ser valiente. Hoy estás y mañana, no"», en El Periódico
  7. "«"Dolor de barriga"», en jarabedepalo.com". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  8. Sánchez-Mellado, Luz (2017). "Pau Donés: “Soy Peter Pan, con cáncer, pero Peter Pan”". Consultado o 2017. 
  9. A.C, Aporta México. "Vocalista de Jarabe de Palo en grave condición por cáncer de colon". aporta.org.mx. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 14 de abril de 2017. 
  10. Muñoz, Elisa (9 de xuño de 2020). "Muere a los 53 años Pau Donés, cantante de Jarabe de Palo". Cadena SER (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  11. Ministerio de Cultura y Deporte: "Real Decreto 1197/2020, de 29 de diciembre, por el que se concede la Medalla al Mérito en las Bellas Artes, en su categoría de oro, a las personas y entidades que se relacionan.". Boletín Oficial del Estado (Madrid) (340): 125896 a 125897. 29 de decembro de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2020.