Jonny Wilkinson, nado en Frimley o 25 de maio de 1979, é un xogador inglés de rugby. A súa figura traspasou as fronteiras do seu deporte, provocando xunto con Jonah Lomu un dos maiores impactos publicitarios do rugby dende o comezo do profesionalismo en 1995.

Modelo:BiografíaJonny Wilkinson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Jonathan Peter Wilkinson Editar o valor en Wikidata
25 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Frimley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrimley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLord Wandsworth College (en) Traducir
Pierrepont School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby, emprendedor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoFly-half (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–2009   Newcastle Falcons 139(1.489)
1998–2011 Inglaterra (1.179)
2001–2005 British and Irish Lions 6(67)
2009–2014 RC Toulon 104(1.425)
Familia
IrmánsMark Wilkinson Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webjonnywilkinson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1316221 Facebook: Jonny-Wilkinson-115689848509025 Twitter: jonnywilkinson Editar o valor en Wikidata
Jonny Wilkinson nun adestramento.

Traxectoria

editar

Comezou a práctica do rugby con 4 anos de idade, aínda que tamén xogaba a tenis e crícket. Non obstante, o pai, o curmán e mais o irmán de Jonny eran xogadores de rugby, e o levaron a centrarse nun só deporte. Cando foi seleccionado para as seleccións inglesas sub-16 e sub-18 deixou abraiado ós adestradores, e foi chamado a probar profesionalmente.

O seu primeiro club foi Newcastle Falcons, equipo co cal comezou a xogar no ano 1997 na posición de centro, e co cal foi campión da Premiership inglesa xa na tempada 1997/98. Na posterior tempada suBstituÍu a Rob Andrew como apertura e pateador titular do equipo, xa que Andrew era o novo adestrador.

Wilkinson fíxose internacional no ano 1998, debutando nun partido fronte a Irlanda, converténdose no xogador mais novo en representar á selección de rugby de Inglaterra, e na referencia do equipo de aí en diante. O partido estelar na carreira deste apertura foi a final da Copa do Mundo de Rugby 2003, na que obtivo a vitoria para o seu país no derradeiro minuto. Ese ano Jonny Wilkinson foi nomeado mellor xogador do mundo pola IRB.

Na súa carreira distinguíuse como un grande anotador co pé, e un enorme xogador defensivo. Pasou por unha morea de lesións que case non o deixaron xogar nos anos posteriores ó mundial do 2003. De feito, trala final do mundial do 2003, pasaron 1169 días ata que volveu a xogar coa selección. En 2008 superou a cifra de 1000 puntos anotados con Inglaterra, e no mesmo ano vateu a cifra de Neil Jenkins de 1049 puntos, batendo o récord de puntos anotados por un xogador con calquera selección nacional en toda a historia. Wilko (como é coñecido popularmente) é o máximo anotador de puntos da historia dos mundiais, foi o máximo anotador da historia do Torneo das Seis Nacións (logo superado por Ronan O'Gara), e tamén é o maior anotador de drops da historia con 29.

Case ninguén agardaba que estivera preparado para xogar no mundial do 2007, cunha selección inglesa que estaba nun dos seus peores intres, pero púxose ben para competir, e logrou que Inglaterra chegase de novo á final, na que perdeu esta vez fronte a Suráfrica.

No ano 2009 cambiou de club, fichando polo club francés RC Toulon, un equipo ascendido ó Top 14 en 2008. Na súa primeira tempada levou ó seu novo club á final da European Challenge Cup, aínda que perdeu contra Cardiff Blues, e á segunda posición na liga durante a tempada regular, caendo logo nas semifinais.

Equipos Tempadas Títulos
Newcastle Falcons 1997 - 2009 1 Liga inglesa (1998), 2 Copas inglesas (2001, 2004)
RC Toulon 2009 - 1 Copa de Europa (2013)
Selección de Inglaterra 1998 - 2011 1 Mundial (2003), 4 Seis Nacións (2000, 2001, 2003, 2011)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar