John Dow Fisher Gilchrist

ictiólogo surafricano de orixe escocesa

John Dow Fisher Gilchrist , nado en Anstruther, concello de Fife, Escocia en 1866 e finado o 22 de outubro de 1926 na Cidade do Cabo, Suráfrica, foi un ictiólogo surafricano de orixe escocesa.[1][2]

Infotaula de personaJohn Dow Fisher Gilchrist
Biografía
Nacemento1866
Anstruther, Fife, Escocia
Morte22 de outubro de 1926
Cidade do Cabo, Suráfrica
Datos persoais
País de nacionalidadeescocesa
Formación profesionalDoutor en Xeoloxía
EducaciónUniversidade de St Andrews
Universidade de Edimburgo
Universidade de Iena
Universidade de Múnic
Universidade de Zürich
Actividade
Ocupaciónbiólogo mariño, ictiólogo, tradutor, zoólogo, xeólogo
EmpregadorUniversidade de Edimburgo
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGilchrist Editar o valor en Wikidata

Estableceu a ictioloxía como disciplina científica en Suráfrica. Foi fundamental no desenvolvemento da bioloxía mariña neste país africano e da súa industria pesqueira con base científica.

Traxectoria

editar

Gilchrist fixo os seus estudos primarios na súa localidade natal, e os secundarios no Madras College de St Andrews. Estudo na Universidade de St Andrews e na Universidade de Edimburgo, graduándose como Bachelor of Science (BSc) e como Master of Arts (MA).[1][2] Obtivo unha bolsa de estudos para escolares na Exposición de 1851 para estudos e investigacións avanzadas, o que lle permitiu estudar a alimentación dos peixes mariños. Despois de máis estudos realizados na Universidade de Múnic e na de Zürich, acadou o título de doutor en Xeoloxía en 1894 na Universidade de Iena (Alemaña).[2]

Gilchrist estudou bioloxía mariña en Nápoles, Mónaco e na illa de Man antes de volver a ensinar zooloxía na Universidade de Edimburgo.[2] Durante este tempo traduciu ao inglés Monismus als Band zwischen Religion und Wissenschaft, de Ernst Haeckel, en dous volumes titulados por separado, Monism as Connecting Religion and Science en 1894,[3] e, así mesmo de Haeckel, Confessions of faith of a man of science (Confesións de fe dun home de ciencia) en 1903.[4]

Pouco despois desprazouse a Suráfrica, onde ocupou o primeiro posto de director do Marine Biological Survey desde 1896 a 1907.[5] Pechada por falta de fondos, a institución retomou as súas actividades cun novo nome en 1920; as expedicións realizáronse no barco baleeiro a vapor SS Pickle cedido polo almirantado.[6]

Gilchrist describiu numerosos taxons de xéneros e especies de peixes.[6]

Algunhas publicacións

editar

Gilchrist contribuíu con numerosos traballos científicos en numerosas revistas científicas, entre elas:

  • Annals of the South African Museum,
  • Transactions of the South African Philosophical Society,
  • Transactions of the Royal Society of South Africa, e
  • Reports of the South African Association for the Advancement of Science.

Ademais publicou, enmtro ourtos, os seguintes libros:

  • South African Zoology. A Text Book for the Use of Students, Teachers and Others in South Africa (O Cabo e Pretoria, 1912).
  • The Freshwater Fishes of South Africa: Volume 11, Parts 5-6 of Annals of the South African Museum (Trustees of the South African Museum, 1913).
  • Practical zoology for medical & junior students (E. & S. Livingstone, 1922).

Epónimos

editar

O xénero Gilchristella da familia dos clupeidos foi nomeado na súa honra por Henry Weed Fowler en 1935.[1]

Abreviatura

editar

A abreviatura Gilchrist emprégase para recoñecer a John Dow Fisher Gilchrist como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 John Dow Fisher Gilchrist Arquivado 22 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. en Neglected Science. 2011. Consultada o 29 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gilchrist, Dr John Dow Fisher en S2A3 Biographical Database of Southern African Science (en inglés). Consultada o 28 de outubro de 2020.
  3. Gilchrist, John (1894): Monism as connecting religion and science. The confession of faith of a man of science. By Ernst Haeckel. Translated from the German by J. Gilchrist.
  4. Gilchrist, John (1903): Confessions of faith of a man of science. London: A. and C. Black. ISBN 978-0-5989-1538-2.
  5. Gilchrist, John Dow Fisher en Office of Government Biologist, South African Museum, Cape Town, South Africa (en inglés). Consultada o 28 de outubro de 2020.
  6. 6,0 6,1 6,2 Dr. John Dow Fisher Gilchrist en Biographical Etymology of Marine Organism Names. G (en inglés). Consultada o 28 de outubro de 2020.