Joaquín Pintos

fotógrafo galego

Joaquín Pintos Amado, nado en Vigo o 4 de marzo de 1881 e finado en Pontevedra o 16 de outubro de 1967,[1][2] foi un fotógrafo galego.

Infotaula de personaJoaquín Pintos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1881 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1967 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1071641

Traxectoria

editar

Mercou a súa primeira cámara de fotos con 18 anos, sendo alumno de Francisco Zagala. Iniciouse como fotógrafo ambulante polo rural da comarca, establecéndose despois no centro da vila de Pontevedra, na rúa Michelena. Xubilouse en 1965, e foi mestre de José Veiga Roel.

En 1907 recibiu o encargo de facer unha reportaxe sobre o complexo balneario de Bos Aires, construído por Casimiro Gómez en Monte Porreiro aproveitando as augas do río Lérez. En 1909 participou na Exposición Rexional celebrada en Santiago de Compostela.

Realizou fotografía retratística, xornalística (colaborou coa Axencia EFE, co ABC e coa revista Vida Gallega) e postais. Algunhas destas postais eran impresas en coidadas edicións en Alemaña. Parte delas consérvanse no Museo de Pontevedra.

En 1921 a súa fotografía "Xitana" acadou a medalla de ouro no Primeiro Salón Internacional de Fotografía celebrado en Madrid. Foi premiado por un traballo fotográfico sobre o libro Aires da miña terra de Curros Enríquez. En 1929 participou xunto con Luís Casado nunha mostra de pintura galega en Buenos Aires. En 1949 foi considerado o mellor fotógrafo de España pola revista madrileña Sombras.

  1. El Pueblo Gallego, 17-10-1967, p. 14.
  2. La Noche, 17-10-1967, p. 6.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar