Jesús Morlán

adestrador galego de piragüismo

Jesús Tomás Morlán Fariña, chamado tamén Suso Morlán, nado en Pontevedra o 1 de novembro de 1966 e finado en Lagoa Santa (Minas Xerais, O Brasil) o 11 de novembro de 2018, foi un adestrador de piragüismo galego.

Infotaula de personaJesús Morlán
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Lagoa Santa, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTumor cerebral Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Adestrador de piragüismo, foi seleccionador español do equipo masculino de canoa[1] durante varios anos e desde 2002 adestrador persoal de David Cal[2], o padexeiro cangués que chegou a conseguir 5 medallas olímpicas.

Durante a súa etapa como adestrador de Cal e responsable olímpico da selección de canoa para a Federación Española de Piragüismo, Cal conseguiu varios podios europeos e mundiais en categoría absoluta padexando só (C1) (ademais dos que xa conseguira coma júnior), como a prata no mundial de Gainesville (2003), no de Zagreb (2005), o ouro no mundial de Duisburgo (2007) sobre 500m, e bronce sobre 1000m, de novo prata en Szeged (2011), e mais bronce no europeo de Zagreb (2012). Mais, sobre todo, Cal conseguiu cinco medallas olímpicas (un ouro en Atenas 2004, tres pratas consecutivas en Atenas, Beixín e Londres, ademais da prata de Beixín na distancia curta, os 500m), o que fixo del o español con máis medallas olímpicas da historia (marca igualada por Saúl Craviotto logo dos Xogos de Toquio en 2021, se ben Craviotto conseguiu as medallas en probas individuais e en parella).

Ademais de Cal, tamén adestraron en Pontevedra con Morlán o tudense José Luis Bouza en canoa e a Ana Varela, en piragua[3].

Logo dos Xogos de Londres, en febreiro de 2013, Morlán marchou ao Brasil, contratado polo Comité Olímpico Brasileiro[4], para preparar o equipo dese país cara aos Xogos do Río de 2016. Canda el levou a David Cal, que seguiu a adestrar alí. Os deportistas da selección de piragüismo do Brasil conseguiron rapidamente éxitos: Isaquias Queiroz, o padexeiro máis destacado, obtivo o ouro en C1 500m e o bronce en 1000m xa no mundial de Duisburgo de 2013, onde Cal non chegara a participar[5]. Nos mundiais de Moscova de 2014 Queiroz proclamouse campión de 500m (non chegou a rematar a final de 1000m, onde Cal foi sétimo)[6].

Mentres o progreso chegaba cos deportistas brasileiros, Cal aumentou rapidamente de peso. A finais de 2014 era recoñecido polos dous, Cal e Morlán, que o padexeiro tiña sobrepeso. Só tres meses despois Cal decidía retirarse[7].

obtivo aló tres medallas[8], dúas de prata (Erlon Souza e Isaquias Queiroz, no C2, e Isaquias Queiroz, no C1) e unha de bronce (de novo Queiroz), as primeiras acadadas polo Brasil nunha competición olímpica.

Meses despois de remataren os Xogos Olímpicos, en novembro de 2016, diagnosticáronlle un tumor cerebral. Operárono e someteuse a tratamentos de quimio e radioterapia[9], mentres continuou coa preparación da selección brasileira para os Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio. Así, acompañou os seus atletas nos campionatos do mundo de Racice e Montemor-o-Velho. En 2018 morreu en lagoa Santa, o campo de adestramento da selección brasileira[9], no estado de Minas Xerais: o padexeiro adestrado por el, Isaquias Queiroz, conseguiu o ouro en C1 1000m seguindo a súa planificación.

Notas editar

  1. "Carlos Pérez y Saúl Craviotto completan la lista para los Juegos Olímpicos de Pekín / Competición / Piragüismo / Portada - masmar". www.masmar.net. Consultado o 2021-08-07. 
  2. País, El (2006-11-26). "El 'apagón' de David Cal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-08-07. 
  3. País, El (2006-11-26). "El 'apagón' de David Cal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-08-07. 
  4. "David Cal se marcha a Brasil a entrenarse". ABC (en castelán). 2013-02-07. Consultado o 2021-08-07. 
  5. "Mundial de piragüismo 2013. Duisburg.". Con Lápiz y Pelotas. 2013-08-28. Consultado o 2021-08-07. 
  6. "2014 ICF Canoe Sprint World Championships. Results" (PDF). International Canoe Federation. Consultado o 8/8/2021. 
  7. "¿Qué hay detrás de la retirada de David Cal?". elconfidencial.com (en castelán). 2015-03-26. Consultado o 2021-08-07. 
  8. "Fallece Suso Morlán, el técnico que hizo campeón a David Cal". AS.com (en castelán). 2018-11-11. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-07. 
  9. 9,0 9,1 "Após batalha contra o câncer, morre Jesús Morlán, técnico de Isaquias Queiroz". GE (O Globo - Esporte) (en portugués). Consultado o 2021-08-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar