Jesús Gayoso (garda civil)

garda civil galego

Jesús Gayoso Rey, nado en Mieres (Asturias) en 1971 e finado en Logroño o 27 de marzo de 2020, foi un garda civil galego.

Jesús Gayoso
Nacemento26 de abril de 1971
 Mieres
Falecemento27 de marzo de 2020
 Logroño
CausaCOVID-19
NacionalidadeEspaña
Alma máterAcademia Xeral Militar
Ocupacióngarda civil, profesor de educación física e profesor de educación física
PremiosOrde do Mérito da Garda Civil e Cruz de Prata da Orde do Mérito da Garda Civil
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De familia de garda civís de Begonte,[1] a pesar de nacer en Asturias onde o seu pai estaba destinado, criouse na cidade da Coruña. Gayoso ingresou na Academia Xeral Militar en 1991, e obtivo o título de tenente. Despois de traballar en Madrid, axiña se incorporou ao Grupo de Acción Rápida (GAR) da Garda Civil, a unidade de operacións especiais, que ten a súa sede en Logroño, na Rioxa, en 1996, primeiro como tenente e despois como capitán. Asumiu o seu mando en 2014, xa como tenente coronel. Participou en varias misións internacionais do GAR en Afganistán, Tunisia, Mauritania, Turquía ou Honduras.[2]

Como mando dese grupo participou no illamento da vila de Haro durante a pandemia de coronavirus, dado que nesa vila rioxana había unha gran cantidade de casos. Aínda que non estivo directamente no sitio, crese que o contaxio a través de persoas que si estiveron causoulle a Gayoso a enfermidade, e finalmente a morte.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Pan, José Manuel (27/3/2020). "Muere el gallego Jesús Gayoso, jefe del GAR de la Guardia Civil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28/3/2020. 
  2. "La Policía homenajea al jefe del GAR de la Guardia Civil muerto por COVID-19". La Vanguardia (en castelán). 27/3/2020. Consultado o 28/3/2020.