As forzas especiais, forzas de operacións especiais ou forza de elite, son unidades militares áxiles e versátiles adestradas e formadas para levar a cabo unha serie de tarefas específicas, que van dende as «operacións especiais»[1][2][3] dentro dun conflito convencional ás que implican a guerra non convencional. Polo xeral, as forzas especiais teñen unha formación máis ampla e con frecuencia equipos máis avanzados que as forzas convencionais.[1][4] Adáptanse para operar como forzas asimétricas e son quen de operar de forma independente, ou en apoio directo de calquera das forzas militares convencionais ou doutros elementos gobernamentais. Son activos de alto valor, comandados a nivel estratéxico e que ofrecen importantes resultados non proporcionais co seu reducido tamaño.[5]

Un membro dos Navy SEALs dos Estados Unidos en Afganistán, ano 2002.
Rangers nun helicóptero MH-6 Little Bird do 160.º Rexemento de Aviación de Operacións Especiais dos Estados Unidos
Os GROM de Polonia e os Navy SEALs dos Estados Unidos xuntos nuns exercicios de adestramento en Gdansk (Polonia).

Unha unidade de forzas especiais está adestrada para levar a cabo misións de combate de acción directa e indirecta. As operacións de acción directa son operacións ofensivas e cobren un amplo espectro de operacións. As operacións indirectas son habitualmente de recoñecemento, destinadas á obtención de información. Operan sobre a base de grupos pequenos, dependendo da misión, con grande autonomía.

Escolla e adestramento editar

O proceso de escolla para os homes de operacións especiais é normalmente rigoroso e intensivo. Pode incluír algúns dos seguintes aspectos: 1- Selección:

  • Cubrir distancias en carreira con límite de tempo sen equipo.
  • Cubrir distancias en marcha con límite de tempo con equipo.
  • Cubrir distancias a nado con límite de tempo sen equipo.
  • Probas de forza e resistencia aeróbica e anaeróbica.

2- Adestramento:

  • Supervivencia en distintos ambientes.
  • Tiro con distintos tipos de armas.
  • Artes marciais.
  • Demolicións.
  • Mergullo.
  • Paracaidismo.
  • Combate de noite.
  • Telecomunicacións.
  • Planificación de operacións
  • Rapel

Capacidades editar

As capacidades principais das forzas especiais inclúen:

  • Recoñecemento no espazo de batalla profundo.
  • Adestramento e desenvolvemento doutros activos militares e de seguridade.
  • Acción ofensiva.
  • Preparación do espazo de batalla.
  • Apoio á contrainsurxencia a través da participación e apoio da poboación.
  • Apoio ás operacións antiterroristas.
  • Interrupción de rutas de loxística no espazo de batalla profundo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 North Atlantic Treaty Organization (13 de decembro de 2013). "Allied Joint Doctrine for Special Operations". NATO Standard Allied Joint Publication (Bruxelas: NATO Standardization Agency). AJP-3.5 (Edition A, Version 1): 1-1. 
  2. Richard Bowyer, Dictionary of Military Terms, Bloomsbury Reference (2005-08), ISBN 190497015X / ISBN 9781904970156.
  3. Joint Chiefs of Staff (JCS) (16 de xullo de 2014). "Special Operations" (PDF). Joint Publication (Washington, DC: Department of Defense) 3–05: GL-11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2016. Consultado o 18 de setembro de 2016. 
  4. North Atlantic Treaty Organization (17 de novembro de 2015). NATO Standardization Agency, ed. "NATO Glossary of Terms and Definitions (English and French)" (PDF). AAP-06 (Edition 2015). Bruxelas: 2-S-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2020. Consultado o 18 de setembro de 2016. 
  5. Future Land Operational concept, Joint Doctrine & Concepts Centre, 2008

Véxase tamén editar

Bibliografía editar