Jean-François Lamour

esgrimista francés

Jean-François Lamour, nado en París o 2 de febreiro de 1956, é un tirador de esgrima retirado e un político francés, gañador de cinco medallas olímpicas.

Infotaula de personaJean-François Lamour

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Councillor of Metropolis of Greater Paris (en) Traducir
Representa: París

1 de xaneiro de 2016 –
Deputado da Asemblea Nacional
20 de xuño de 2012 – 20 de xuño de 2017

Circunscrición electoral: Paris' 13th constituency (en) Traducir
Deputado da Asemblea Nacional
20 de xuño de 2007 – 19 de xuño de 2012

Circunscrición electoral: Q3538374 Traducir
Member of the regional council of Île-de-France (en) Traducir
Councillor of Paris (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Peso86 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , esgrimista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión por un Movemento Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaSabre Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992fencing at the 1992 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1988fencing at the 1988 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1984fencing at the 1984 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980Xogos Olímpicos de 1980 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIsabelle Spennato-Lamour (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: JF_Lamour Olympic.org: jean-francois-lamour Editar o valor em Wikidata

Actividade deportiva editar

Participou con 24 anos nos Xogos Olímpicos de 1980 celebrados en Moscova, rematando vinte e un na proba individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1984 dos Ánxeles gañou a medalla de ouro na proba de sabre individual e a medalla de prata por equipos. Catro anos despois nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl revalidou o seu título olímpico na proba individual, se ben por equipos unicamente puido gañar un diploma olímpico ao finalizar cuarto. Nos Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona gañou senllas medallas de bronce na proba individual e por equipos.

Ao longo da súa carreira gañou catro medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, unha delas de ouro; trece veces o título nacional de sabre individual e gañou unha medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo.

Actividade política editar

Membro da Unión por un Movemento Popular (UMP), o ano 1993 o alcalde de París designouno conselleiro técnico para a mocidade e o deporte e no ano 1995 deixou o posto para converterse en conselleiro técnico desas funcións no Secretariado Xeral da Presidencia da República Francesa. Desde o ano 1997 é académico da Académie des Sports

En maio de 2002 o primeiro ministro Dominique de Villepin elixiuno como o seu ministro de deportes, posto que ocupou ata marzo de 2004, momento no que pasou a ser titular do Ministerio de Mocidade, Deportes e Vida Asociativa no goberno de Jean-Pierre Raffarin, ocupando o cargo ata maio de 2007. En xuño de 2007 elixírono deputado na Asemblea Nacional e desde 2008 compatibiliza ese posto co de concelleiro de París, e presidente do grupo UMP no concello parisiense, e desde febreiro de 2013 co de vicepresidente da UMP

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar