Javier Gago López
Javier Gago López, nado o 1 de setembro de 1955 en Vilagarcía de Arousa, é un político galego e funcioanario do PSdeG-PSOE que foi alcalde do seu concello natal durante dezaseis anos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1955 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
![]() | |
25 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
![]() | |
1991 – 2007 ← José Luis Rivera Mallo – Enrique León Calviño → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarLicenciado en dereito, en 1980 obtivo a praza de Secretario de Concello con destino en Catoira[1]. Nas Eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro en Vilagarcía de Arousa polo PSdeG-PSOE. Dende xaneiro de 1986 foi portavoz do Grupo Municipal Socialista na oposición, logo da marcha do que fora candidato do partido, José Giráldez Maneiro, ao Parlamento de Galicia. Volveu a ser elixido concelleiro logo das municipais de 1987. En decembro de 1987 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Obras Públicas na provincia de Pontevedra polo daquela conselleiro Antolín Sánchez Presedo. Permanece nese cargo ata 1990, logo de que Manuel Fraga gañase as eleccións autonómicas.
Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Vilagarcía de Arousa e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG e a CNG. Logo de cesar 2 dos 3 concelleiros do BNG en marzo de 1993 afrontaría o resto do mandato en minoría. Nas municipais de 1995 logrou a vitoria, a tan só un concelleiro da maioría absoluta, polo que revalidou a alcaldía como cabeza da lista máis votada. Nas municipais de 1999 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta, continuando na alcaldía como cabeza da lsita máis votada. Abandonou a alcaldía logo de decidir non presentarse á reelección nas municipais de 2007. Entre 1996 e 2000 simultaneou o seu cargo de alcalde co de deputado no Congreso pola provincia de Pontevedra.
Logo de abandoa-la alcaldía foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía polo goberno de Emilio Pérez Touriño na Xunta de Galicia. Permaneceu no posto ata a derrota de Touriño nas eleccións autonómicas de 2009. Volveu ao seu posto de secretario municipal no concello de Catoira, onde permaneceu ata a súa xubilación, salvo entre febreiro de 2010 e xaneiro de 2012, cando ocupou a presidencia de Remolques Marítimos, a empresa pública estatal de remolcadores[2].
Predecesor: José Luis Rivera Mallo |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1991 - 2007 |
Sucesor: Enrique León Calviño |
Predecesor: Suso Paz |
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía 2007 – 2009 |
Sucesor: Javier Puertas |