Enrique León Calviño
Enrique León Calviño, nado en Verín o 1 de agosto de 1944, é un policía e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1944 (80 anos) Verín, España |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa | |
2007 – 2007 (dimisión) ← Joaquín Javier Gago López – Dolores García Giménez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, policía |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
editarDespois de facer o bacharelato aprobou as oposicións a policía, e logo de traballar durante dous anos en Barcelona, en 1970 foi destinado a Vilagarcía de Arousa. En 1995 ascendeu a comisario xefe e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 2006. Nese momento, por motivos de idade, pasou á situación de segunda actividade sen destino, e aceptou a oferta de entrar en política. Presentouse como candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía de Arousa, logo da retirada do anterior alcalde Joaquín Javier Gago López.
Carreira política
editarTras dos comicios do 25 de maio de 2007, Enrique León foi elixido alcalde co apoio do grupo nacionalista para dirixir un goberno en minoría. Só unhas semanas máis tarde, a Xunta Electoral Central estipulou que un policía en segunda actividade non pode ser elixido como concelleiro polo seu traballo (se ben na reserva). Porén, a Xunta Electoral declarouse incompetente para tomar decisións ao respecto. Despois de valorar a situación, decidiu dimitir o 9 de xullo de 2007, xaora o seu mandato non chegou aos dous meses.
Predecesor: Javier Gago |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 2007 - 2007 |
Sucesor: Dolores García Giménez |