Janet Leigh
Jeanette Helen Morrison, nada en Merced (California) o 6 de xullo de 1927 e finada en Beverly Hills o 3 de outubro de 2004, foi unha actriz, cantante, bailarina e escritora estadounidense, coñecida como Janet Leigh.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jeanette Helen Morrison 6 de xullo de 1927 Merced, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 3 de outubro de 2004 (77 anos) Beverly Hills, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Vasculite infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | University of the Pacific (en) Stockton High School (en) Merced High School (en) |
Altura | 166 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de xénero, actriz de cinema, actriz, actriz de televisión, actriz de teatro, escritora |
Período de actividade | 1947 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Tony Curtis (1951–1962) Robert Brandt John Kenneth Carlisle Stanley Reames |
Fillos | Kelly Curtis () Tony Curtis Jamie Lee Curtis () Tony Curtis |
Pais | Frederick Robert Morrison e Helen Lita Westergard |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarLeigh criouse en Stockton, California, nunha familia de clase traballadora.[1]
No inverno de 1945–6, a actriz Norma Shearer estaba de vacacións en Sugar Bowl, un resort de esquí en Sierra Nevada, onde traballaban os pais de Leigh.[2][3] Na entrada, Shearer viu unha foto de Leigh, que entón tiña dezaoito anos, tomada polo fotógrafo do club polo Nadal.[4] Cando regresou aos Ánxeles, Shearer amosou a fotografía ao axente Lew Wasserman, da Metro-Goldwyn-Mayer (MGM),[5] e axudou a Leigh a obter un contrato. Leigh realizou a súa primeira incursión real na interpretación aparecendo en programas de radio[6] antes de debutar no cinema con The Romance of Rosy Ridge (1947) como interese romántico da personaxe de Van Johnson. Durante a rodaxe, o nome de Leigh foi cambiado primeiro a "Jeanette Reames" e logo a "Janet Leigh" e finalmente ao seu nome real, "Jeanette Morrison", porque "Janet Leigh" lembraba demasiado a Vivien Leigh.[7] Porén, a Johnson non lle gustaba o nome e finalmente foi cambiado definitivamente a "Janet Leigh" (pronunciado como "Lee").[7]
No principio da súa carreira apareceu en varios filmes populares de MGM que incluían unha gran variedade de xéneros, como Act of Violence (1948), Little Women (1949), Angels in the Outfield (1951), Scaramouche (1952), The Naked Spur (1953) e Living It Up (1954). Leigh interpretou sobre todo papeis dramáticos durante a segunda metade da década de 1950, en filmes como os de Safari (1956) e o filme negro de Orson Welles Touch of Evil (1958), mais o seu recoñecemento máis forte foi coa súa interpretación de Marion Crane en Psicose (1960), de Alfred Hitchcock, que lle valeu un Globo de Ouro e unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria.[8]
O seu publicitado matrimonio con Tony Curtis acabou en divorcio en 1962, e tras protagonizar The Manchurian Candidate ese mesmo ano, Leigh reduciu o ritmo da súa carreira. Continuou a aparecer en filmes de xeito intermitente, incluídos Bye Bye Birdie (1963), Harper (1966), Night of the Lepus (1972) e Boardwalk (1979). A finais de 1975, debutou en Broadway nunha produción de Murder Among Friends. Tamén apareceu en dous filmes de terror coa súa filla, Jamie Lee Curtis: The Fog (1980) e Halloween H20: 20 Years Later (1998).
Ademais do seu traballo como actriz, Leigh escribiu catro libros entre 1984 e 2002, dous deles novelas. Faleceu en outubro de 2004 aos 77 tras unha longa batalla contra a vasculite, inflamación dos vasos sanguíneos.
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|
1947 | The Romance of Rosy Ridge | Lissy Anne MacBean | [9] | |
1947 | If Winter Comes | Effie Bright | [9] | |
1948 | Hills of Home | Margit Mitchell | Títulos alternativos: Danger in the Hills e Master of Lassie | [9] |
1948 | Words and Music | Dorothy Feiner Rodgers | [9] | |
1949 | How to Smuggle a Hernia Across the Border | Curtametraxe | [10] | |
1949 | Act of Violence | Edith Enley | [9] | |
1949 | Little Women | Meg March | [9] | |
1949 | The Red Danube | Maria Buhlen | [9] | |
1949 | The Doctor and the Girl | Evelyn Heldon | Título alternativo: Bodies and Souls | [9] |
1949 | That Forsyte Woman | June Forsyte | Título alternativo: The Forsyte Saga | [9] |
1949 | Holiday Affair | Connie Ennis | [9] | |
1951 | Strictly Dishonorable | Isabelle Perry | [9] | |
1951 | Angels in the Outfield | Jennifer Paige | [9] | |
1951 | Two Tickets to Broadway | Nancy Peterson | [9] | |
1951 | It's a Big Country | Rosa Szabo Xenophon | [9] | |
1952 | Just This Once | Lucy Duncan | [9] | |
1952 | Scaramouche | Aline de Gavrillac de Bourbon | [9] | |
1952 | Fearless Fagan | Abby Ames | [9] | |
1953 | The Naked Spur | Lina Patch | [9] | |
1953 | Confidentially Connie | Connie Bedloe | [9] | |
1953 | Houdini | Bess Houdini | [9] | |
1953 | Walking My Baby Back Home | Chris Hall | [9] | |
1954 | O príncipe valente | Princesa Aleta | [9] | |
1954 | Living It Up | Wally Cook | [9] | |
1954 | The Black Shield of Falworth | Lady Anne | [9] | |
1954 | Rogue Cop | Karen Stephanson | [9] | |
1955 | Canción triste de Pete Kelly | Ivy Conrad | [9] | |
1955 | My Sister Eileen | Eileen Sherwood | [9] | |
1956 | Safari | Linda Latham | [9] | |
1957 | Jet Pilot | Lt. Anna Marladovna Shannon / Olga Orlief | [9] | |
1958 | Touch of Evil | Susan Vargas | [9] | |
1958 | The Vikings | Morgana | [9] | |
1958 | The Perfect Furlough | Lt. Vicki Loren | [9] | |
1960 | Who Was That Lady? | Ann Wilson | Premio Laurel á mellor interpretación feminina de comedia (4.º posto) | [9] |
1960 | Psicose | Marion Crane | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria Premio Laurel á mellor actriz secundaria (2.º posto) Candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria |
[9] |
1960 | Pepe | Ela mesma | Premio Laurel á mellor interpretación feminina de comedia | [9] |
1962 | The Manchurian Candidate | Eugenie Rose Chaney | [9] | |
1963 | Bye Bye Birdie | Rosie DeLeon | [9] | |
1963 | Wives and Lovers | Bertie Austin | [9] | |
1966 | Kid Rodelo | Nora | [9] | |
1966 | Harper | Susan Harper | Título alternativo: The Moving Target | [9] |
1966 | Three on a Couch | Dr. Elizabeth Acord | [9] | |
1966 | An American Dream | Cherry McMahon | Título alternativo: See You in Hell, Darling | [9] |
1967 | The Spy in the Green Hat | Miss Diketon | Reeditado a partir de "The Concrete Overcoat Affair", episodio en dúas partes da serie de televisión The Man From U.N.C.L.E. | [11] |
1967 | Grand Slam | Mary Ann | Título alternativo: Ad ogni costo | [9] |
1969 | Hello Down There | Vivian Miller | Título alternativo: Sub-A-Dub-Dub | [9] |
1972 | One Is a Lonely Number | Gert Meredith | Título alternativo: Two Is a Happy Number | [9] |
1972 | Night of the Lepus | Gerry Bennett | Título alternativo: Rabbits | [9] |
1979 | Boardwalk | Florence Cohen | [9] | |
1980 | The Fog | Kathy Williams | [9] | |
1985 | The Fantasy Film Worlds of George Pal | Ela mesma | Documental | [12] |
1998 | Halloween H20: 20 Years Later | Norma Watson | [13] | |
2005 | Bad Girls from Valley High | Mrs. Witt | Filmado en 2000 e estreado postumamente | [14] |
Publicacións
editar- There Really Was a Hollywood. Doubleday, 1984; ISBN 0-385-19035-2.
- Psycho: Behind the Scenes of the Classic Thriller. Harmony Books, 1995; ISBN 0-517-70112-X.
- House of Destiny. Mira Books, 1996; ISBN 1-551-66159-4.
- The Dream Factory. Mira Books, 2002; ISBN 1-551-66874-2.
Notas
editar- ↑ Capua 2013, pp. 4–6, 8.
- ↑ Muskal, Michael (4 de outubro de 2004). "Actress Janet Leigh Dies at 77". Los Angeles Times. Consultado o 30 de decembro de 2017.
- ↑ Capua 2013, p. 12.
- ↑ Capua 2013, p. 10.
- ↑ "'Luckiest' Photograph Changed Whole Life for a College Girl", Milwaukee Journal Sentinel, 16 de agosto de 1947, páx. 1
- ↑ Dunning, John. (1976). Tune in Yesterday: The Ultimate Encyclopedia of Old-Time Radio, 1925–1976. Prentice-Hall, Inc. ISBN 0-13-932616-2. pp. 283–284.
- ↑ 7,0 7,1 "Hayward And Bacall Bid For Novel, 'Ronnie Harper'" by Sheilah Graham, The Miami News, 2 de decembro de 1946, páx. 11
- ↑ Weinraub, Bernard (1 de maio de 1995). "'Psycho' in Janet Leigh's Psyche". The New York Times. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 9,29 9,30 9,31 9,32 9,33 9,34 9,35 9,36 9,37 9,38 9,39 9,40 9,41 9,42 9,43 9,44 9,45 9,46 9,47 "Janet Leigh". American Film Institute Catalog. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017.
- ↑ Capua 2013, p. 51.
- ↑ Capua 2013, p. 266.
- ↑ Capua 2013, p. 223.
- ↑ Capua 2013, p. 204.
- ↑ Capua 2013, p. 145.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Janet Leigh |
Bibliografía
editar- Capua, Michaelangelo (2013). Janet Leigh: A Biography. McFarland. ISBN 978-0-786-47022-8.
- Leigh, Janet (1984). There Really Was a Hollywood. Doubleday. ISBN 978-0-385-19035-0.
Ligazóns externas
editar- Janet Leigh en TVGuide.com
- Reelclassics.com Page
- Janet Leigh en Virtual History
- Janet Leigh Collection available at the Holt-Atherton Special Collections and Archives