James Anderson
James Lee Anderson, nado o 25 de marzo de 1989 en El Dorado, Arcansas, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Manisa BB turco. Antes de ser profesional formouse na universidade de Oklahoma State.
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) James Lee Anderson 25 de marzo de 1989 (35 anos) Junction City, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Junction City High School (en) Oklahoma State University–Stillwater (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | San Antonio Spurs, 20º (24 de xuño de 2010) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | Universíada de Verão de 2009 (pt) |
Traxectoria
editarAnderson foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2010 polos San Antonio Spurs. Xogou en seis partidos no comezo da tempada, antes de quedar fóra debido a unha rotura do quinto metatarso do seu pé dereito. O 26 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Austin Toros da NBA D-League,[1] para coller forma ao volver a xogar.[2] Anderson xogou dous partidos para os Toros, antes de ser chamado polos Spurs tres días despois.[3] Con todo, o 7 de febreiro, foi asignado outra vez aos Austin Toros,[4] onde xogou en cinco partidos máis, antes de ser chamado polos Spurs o 23 de febreiro.[5] Os Spurs non exerceron a súa opción para renovalo durante o verán, e Anderson converteuse en axente libre. En setembro de 2012, Anderson asinou cos Atlanta Hawks.[6] Foi cortado polos Hawks o 27 de outubro de 2012.[7] Despois diso, Anderson foi fichado polos Bakersfield Jam da NBA Development League.[8]
O 2 de xaneiro de 2013, Anderson fichou polos Houston Rockets.[9][10][11] O 15 de xullo de 2013, foi cortado polos Rockets.[12] O 16 de xullo de 2013, asinou polos Philadelphia 76ers.[13] O 13 de novembro de 2013, conseguiu a maior anotación da súa carreira ó anotar 36 puntos contra os Houston Rockets na vitoria dos Sixers na prórroga por 123-117. O 30 de xuño de 2014, Anderson foi cortado polos 76ers.[14] O 5 de agosto de 2014, asinou un contrato dun ano co Žalgiris Kaunas lituano.[15] Após un breve regreso pola NBA cos Sacramento Kings en 2015–2016, Anderson xogou para distintos equipos europeos como o Darüşşafaka, o Khimki, o Anadolu Efes e o Murcia.
Estatísticas NBA
editarTempada regular
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010–11 | San Antonio | 26 | 11.0 | .383 | .391 | .778 | .9 | .7 | .1 | .2 | 3.6 |
2011–12 | San Antonio | 51 | 11.8 | .379 | .279 | .750 | 1.5 | .8 | .2 | .0 | 3.7 |
2012–13 | San Antonio | 10 | 9.4 | .440 | .455 | .778 | 1.4 | .9 | .3 | .2 | 3.4 |
2012–13 | Houston | 29 | 10.6 | .406 | .327 | .895 | 2.0 | 1.1 | .4 | .1 | 4.0 |
2013–14 | Philadelphia | 80 | 28.9 | .431 | .328 | .726 | 3.8 | 1.9 | .9 | .4 | 10.1 |
2015–16 | Sacramento | 51 | 14.1 | .376 | .267 | .759 | 1.7 | 0.8 | 0.4 | 0.3 | 3.5 |
Total | 247 | 17.5 | .411 | .321 | .755 | 2.3 | 1.2 | .5 | .2 | 5.8 |
Playoffs
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | San Antonio | 8 | 3.9 | .444 | .500 | .500 | .6 | .4 | .1 | .0 | 1.4 |
2013 | Houston | 2 | 9.0 | .200 | .000 | .000 | 2.0 | .0 | .0 | .0 | 1.0 |
Total | 10 | 4.9 | .357 | .286 | .500 | .9 | .3 | .1 | .0 | 1.3 |
Notas
editar- ↑ "Spurs assign James Anderson to Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
- ↑ Tim Griffin (16 de xaneiro de 2011). "Anderson likely headed for D-League for rehab by end of week". Spurs Nation (Hearst Corporation). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Spurs recall James Anderson from Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011.
- ↑ "Spurs assign James Anderson to Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 7 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011.
- ↑ "James Anderson recalled from the Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 23 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2011.
- ↑ "Hawks add James Anderson, Keith Benson, Damion James, Carldell Johnson, Anthony Tolliver to training camp". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2012.
- ↑ "Atlanta Hawks waive James Anderson and Damion James". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2012.
- ↑ "Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 02 de novembro de 2012.
- ↑ "Houston Rockets sign James Anderson, release Daequan Cook". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2014.
- ↑ "James Anderson Signs With Houston Rockets, Receives His Second Call-Up Of Season". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2014.
- ↑ "Anderson Signs with Rockets". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2014.
- ↑ "Houston Rockets waive James Anderson and Tim Ohlbrecht, and announce signings". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2014.
- ↑ "Philadelphia 76ers claim James Anderson and Tim Ohlbrecht off waivers". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2014.
- ↑ Sixers Waive Guard James Anderson
- ↑ Zalgiris adds swingman Anderson
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía Oklahoma State (en inglés)
- Estatísticas na universidade (en inglés)