Jaime Pita

político español

Jaime Alberto Pita Varela, nado en Betanzos o 13 de xuño de 1944, é un político galego do Partido Popular, e foi vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia no último mandato do fraguismo.

Modelo:BiografíaJaime Pita
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

É neto de Claudino Pita Pandelo, o construtor orixinal do famoso globo de Betanzos. Estudou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.

En 1983 presentouse como candidato á alcaldía de Betanzos por Alianza Popular. A pesar da derrota, obtivo o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1991,[1] compaxinou este labor co de deputado no Parlamento de Galicia, do que fixo parte dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. De marcado conservadorismo, cómpre salientar deste período as súas rifas verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.

En 1999 foi nomeado conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimitiu como concelleiro de Betanzos. Mantivo o cargo no seguinte goberno da Xunta ata o ano 2005.

  1. "III Lexislatura" (PDF). Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2018. 


Predecesor:
Dositeo Rodríguez
  
Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas
 
1999 - 2005
Sucesor:
José Luis Méndez Romeu