Jacques de Vitry
Jacques de Vitry, nado arredor de 1160/70 e morto o 1 de maio de 1240, foi un cóengo regular francés, afamado teólogo e cronista da súa época. Foi elixido bispo en 1214 e feito cardeal en 1229.
Nome orixinal | (fr) Jacques de Vitry (la) Jacobus de Vitriaco |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 1160 Vitry-en-Perthois, Francia |
Morte | 1 de maio de 1240 (70/80 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Oignies Abbey (en) |
Decano do Colexio dos Cardeais | |
1237 – 1240 ← Paio Galvão (pt) – Alexandre IV → | |
Cardeal | |
decembro de 1228 (Gregoriano) – | |
Cardinal-Bishop of Frascati (en) | |
decembro de 1228 – 1 de maio de 1240 ← Niccolò de Chiaramonte (en) – Eudes de Châteauroux (pt) → Diocese: Diocese de Frascati (pt) | |
Bispo diocesano | |
1216 – – Robert Waldby (pt) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Aire and Dax (en) | |
Bispo auxiliar | |
Diocese: Diocese de Liège (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía |
Ocupación | bispo católico (1214–1228), sacerdote católico (1210–), escritor, filósofo, historiador, teólogo |
Carreira militar | |
Conflito | Quinta cruzada |
Orde relixiosa | Ordem de Santo Agostinho (pt) |
Consagración | Honorio III |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Católica |
Traxectoria
editarJacques naceu en Francia central (quizais Rheims) e estudou na Universidade de París. Converteuse, en cóengo regular en 1210 no Priorato de Saint-Nicolas d'Oignies na diocese de Liexa, posto que mantivo ata a súa consagración como bispo en 1216. Desde 1211 a 1213 predicou a Cruzada Albigense, visitando Francia e Alemaña con Guillerme, o arcediago de París, e recrutando moitos cruzados.[1]
En 1214 Jacques foi elixido bispo de Acre. Recibiu a consagración episcopal e chegou á súa sé en 1216. Posteriormente estivo fortemente involucrado nao Quinta Cruzada, participando no asedio de Damietta desde 1218 a 1220. En 1219 empezou a escribir a Historia Hierosolymitana, unha historia da Terra Santa desde o xurdimento do islam ata as cruzadas da súa época, mais só completou dúas partes . Regresou a Europa en 1225.
Entre o 16 de abril e 29 de xullo de 1229, o papa Gregorio IX elevou Jacques ao Colexio dos Cardeais e trasladouno á sé suburbicaria de Frascati. Coa excepción dunha breve legación ao emperador Frederico II en 1232, pasou os seus últimos anos traballando na corte papal. Subscribiu as bulas papais entre o 29 de xullo de 1229 e o 23 de xuño de 1239. Morreu en Roma como decano do Sacro Colexio dos Cardeais. Os seus restos foron trasladados a Oignies e enterrados alí en 1241.
Nun documento emitido polo papa Gregorio o 14 de maio de 1240 aparece que de Vitry, pouco antes da súa morte, foi elixido como o patriarca latino de Xerusalén, mais esta elección ou non foi ratificada polo papa ou el mesmo rexeitounoa
Á parte da Historia, as súas obras inclúen centos de sermóns, e cartas ao papa Honorio III. Tamén escribiu sobre a vida inmoral dos estudantes da Universidade de París e a vida santa das beguinas de Liexa, en particular a súa Vida de Marie d'Oignies, cuxo consello inspirouno a facerse cóengo regular.[2]
Jacques de Vitry ficou fascinado polos poderes detidos polas beguinas, que era tal que se igualaban cos cregos da época, aínda que funcionasen fóra da propia igrexa.[3] A pesar de que este movemento non era recoñecido na igrexa, Jacques apelou perante o papa Honorio III para lexitimar o traballo da comunidade das beguinas, así como a diocese de Liexa, toda Francia e por todo o Sacro Imperio Romano.[4]
Referencias
editar- ↑ Peter of les Vaux-de-Cernay, Historia Albigensis 285.
- ↑ Entrada biográfica en The Catholic Encyclopedia
- ↑ Fulton, Rachel, e Bruce W. Holsinger.
- ↑ Coakley, John W. Women, men, and spiritual power female saints and their male collaborators.
Bibliografía
editar- Iacobus de Vitriaco. Sermones vulgares vel ad status I, éd. J. Longère (Corpus Christianorum. Continuatio Mediaevalis 255), Turnhout: Brepols Publishers, 2013 (ISBN 978-2-503-54532-5)
- Lettres de Jacques de Vitry ed. R. B. C. Huygens. Leiden, 1960.
- The exempla or illustrative stories from the Sermones Vulgares of Jacques de Vitry ed. T. F. Crane. Londres, 1890.
- The Cardinals of the Holy Roman Church: consistory of December 1228
- Agostino Paravicini Bagliani, Cardinali di curia e "familiae" cardinalizie dal 1227 al 1254, Padova 1972, pt. I, p. 99-112
- Palestine Pilgrims' Text Society (1896): History of Jerusalem, by Jacques de Vitry, A.D. 1180