Jacobo Zbarsky

odontólogo e político galego
(Redirección desde «Jacobo Zbarsky Kuper»)

Jacobo Zbarsky Kuper, nado en Łódź en 1914 e finado en Pontevedra o 10 de agosto de 1936, foi un odontólogo e político galego.

Jacobo Zbarsky
Nacemento1914
Lugar de nacementoŁódź
Falecemento10 de agosto de 1936
Lugar de falecementoCampolongo
Ocupaciónodontólogo e político
PaiAbraham Zbarsky Geller
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Abraham Zbarsky Geller, odontólogo como el, nacionalizado español en 1931, era socialista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, presentouse no goberno civil co uniforme de brigada de complemento de artillaría, sendo nomeado polo gobernador Gonzalo Acosta Pan, xefe das milicias populares encargadas da resistencia contra os golpistas. Logo da rendición aos militares sublevados, abandonou o goberno civil e foi detido pola policía o 21 de xullo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo por "rebelión militar", foi condenado á pena de morte. Foi executado no polígono de tiro de artillaría, en Campolongo o 10 de agosto de 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar