Jacobo Zbarsky
Jacobo Zbarsky Kuper, nado en Łódź en 1914 e finado en Pontevedra o 10 de agosto de 1936, foi un odontólogo e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Łódź, Polonia |
Morte | 10 de agosto de 1936 (21/22 anos) Campolongo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España Imperio Ruso |
Actividade | |
Ocupación | odontólogo , político |
Familia | |
Pai | Abraham Zbarsky Geller |
Traxectoria
editarFillo de Abraham Zbarsky Geller, odontólogo como el, nacionalizado español en 1931, era socialista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, presentouse no goberno civil co uniforme de brigada de complemento de artillaría, sendo nomeado polo gobernador Gonzalo Acosta Pan, xefe das milicias populares encargadas da resistencia contra os golpistas. Logo da rendición aos militares sublevados, abandonou o goberno civil e foi detido pola policía o 21 de xullo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo por "rebelión militar", foi condenado á pena de morte. Foi executado no polígono de tiro de artillaría, en Campolongo o 10 de agosto de 1936.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela García, V. Luis (1993). Inmolados gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro... Sada: Ediciós do Castro. p. 107. ISBN 84-7492-655-6. (en castelán)