Jack the Giant Killer (filme de 1962)

filme de 1962 dirixido por Nathan H. Juran

Jack the Giant Killer é unha película de aventuras fantástica estadounidense de 1962 dirixida por Nathan H. Juran para United Artists. O guión do director e Orville H. Hampton adapta ao cine unha historia do folclore inglés sobre o "asasino de xigantes".[1] Con moitos efectos especiais coa técnica de animación coñecida como stop motion ou fotograma a fotograma, da autoría de Jim Danforth. A película foi posteriormente reeditada e reeditada como musical polo produtor Edward Small. O motivo deste cambio foi Columbia Pictures, que publicara A 7ª viaxe de Sinbad, e ameazou con demandar a Small debido ás semellanzas. A película orixinal sen as cancións foi redistribuída 30 anos despois sen ningunha protesta por parte dese estudo e United Artists continuou a posuír os dereitos da versión musical. O filme reuniu aos principais actores de '7th Voyage'.

Jack the Giant Killer
Ficha técnica
OrixeEstados Unidos
Na rede
IMDB: tt0056112 Filmaffinity: 858442 Allocine: 53388 Rottentomatoes: m/jack_the_giant_killer Allmovie: v25709 TCM: 17181 TV.com: movies/jack-the-giant-killer Netlix: 60035588Editar o valor em Wikidata

Elenco editar

 
Torin Thatcher na escena do tráiler
  • Kerwin Mathews...Jack
  • Judi Meredith...Princesa Elaine
  • Torin Thatcher...Pendragon
  • Walter Burke...Garna
  • Don Beddoe...Diaboltin
  • Barry Kelley...Sigurd
  • Dayton Lummis...Rei Mark
  • Anna Lee...Lady Constance
  • Roger Mobley...Peter
  • Robert Gist...Capitán escocés
  • Tudor Owen...chanceler
  • Ken Mayer...mariñeiro
  • Helen Wallace...nai de Jack (non creditada)

Sinopse editar

 
Fotograma recortado da película. De esquerda a dereita: Kerwin Mathews, Roger Mobley e Barry Kelley

No medieval Ducado de Cornualla, o malvado feiticeiro Pendragon, señor dos xigantes, meigas e todas as criaturas malvadas, é derrotado e exiliado polo poderoso mago Herla. Coa morte do mago, Pendragon tenta de novo facerse co trono do Reino de Inglaterra e para iso secuestra á princesa Elaine, enviando ao seu monstruoso xigante Cormorán. Despois de escapar do castelo e dirixirse cara ao barco do criado de Pendragon, Garna, o monstro que leva á princesa é visto polo granxeiro Jack, quen marcha inmediatamente para salvar a rapariga. O rescate é exitoso e Jack é nomeado cabaleiro polo seu heroísmo. Pero Pendragon non se rende e volve perseguir á princesa, que viaxaba en barco acompañada de Jack disfrazado de labrego, até un convento de Normandía para esconderse do vilán. Jack é lanzado pola borda xunto co fillo do capitán Peter, pero ambos son salvados polo solitario viquingo Sigurd. Jack di que necesitaba rescatar á princesa e acaba convencendo ao leprechaun Diaboltin atrapado nunha botella, en poder de Sigurd, para que o axude na súa misión coa súa maxia. Jack, levando a botella con Diaboltin, chega ao castelo de Pendragon, nunha illa remota, sen saber que a princesa foi enfeitizada polo bruxo e que o traizoará á primeira oportunidade.

Produción editar

 
A loita entre Jack e o xigante Cormoran é o máis destacado da primeira parte da película.

Edward Small anunciou a película en 1959, dicindo que desenvolvería os efectos especiais en dous anos. A primeira rodaxe comezou en setembro de 1959, no 70 mm e pantalla panorámica, pero foron borradas anos despois. [2]

A rodaxe do filme tivo lugar na illa de Santa Catalina en California.[3]

Versións en portugués e castelán editar

En portugués foi titulada Jack, o Matador de Gigantes e O Matador de Gigantes e en castelán Jack, y el gigante asesino.[4] Na España franquista foi amplamente censurada, tanto en diálogos e xestos afectuosos entre Jack e a princesa, como en animacións stop motion introducidas na trama como efectos especiais de terror. En decembro de 2022 en TeleVigo foi emitida unha versión mixta, coa dobraxe en castelán do franquismo máis as escenas censuradas, na versión orixinal en inglés e subtitulado en castelán.

Outras versións editar

Curtametraxe de 1922 Jack the Giant Killer

O conto de fadas foi adaptado previamente por Hollywood en 1917, 1924 (en curtametraxe), en 1931 (debuxos animados) e 1952.[1] O 1 de marzo de 2013 estreouse unha película dirixida por Bryan Singer e protagonizada por Nicholas Hoult, titulada Jack the Giant Slayer. [5] Primeiro foi anunciado como Jack the Giant Killer, pero non é un remake da de 1962. É unha nova versión da historia tradicional de Jack Xan o das fabas máxicas mesturada con elementos doutros contos, incluíndo o "Giant Killer" ou O matador de xigantes.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 FAIRY TALE LISTED BY UNITED ARTISTS: Edward Small Will Produce 'Jack the Giant Killer' -- 3 Films Open Here Today By HOWARD THOMPSON. New York Times (1923-Atual) [Nova York, N.Y] 08 de xullo de 1959: 26.
  2. 'Jack, Giant Killer' Planned by Small: Dieterle, Fritz Lang Active in Germany; Another 'Golem' Scheuer, Philip K. Los Angeles Times (1923-Atual) [Los Angeles, Calif] 08 de xullo de 1959: B7.
  3. Of Local Origin New York Times (1923-Atual) [Nova York, N.Y] 05 de xullo de 1960: 35.
  4. "Jack y el gigante asesino (1962)" (en castelán). Consultado o 2022-12-17. 
  5. "Nicholas Hoult To Star In 'Jack The Giant Killer'". 11-02-2010. Consultado o 02-03-2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.