J. P. Morgan

(Redirección desde «J.P. Morgan»)

John Pierpont Morgan nado en Hartford (Connecticut) o 17 de abril de 1837 e finado en Roma (Italia) o 31 de marzo de 1913, foi un empresario, banqueiro e coleccionista de arte estadounidense que dominou as finanzas corporativas e a consolidación industrial da súa época.

Infotaula de personaJ.P. Morgan

J.P. Morgan por Carlos Baca-Flor
Nome orixinal(en) John Pierpont Morgan Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1837 Editar o valor em Wikidata
Hartford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1913 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCedar Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga - estudo da historia da arte (1854–1856)
Boston English High School (en) Traducir (1853–1854)
Boston English High School (en) Traducir (1851–1852)
Cheshire Academy (en) Traducir (década de 1850–1851) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFinanzas, banking industry (en) Traducir, Investimento e money management (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York (1858–1913)
Londres (1857–1858) Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFinanceiro, banqueiro
Membro de
Roxburghe Club (en) Traducir (1912–1913)
Bibliographical Society (en) Traducir (1908–1913)
Grolier Club (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFrances Louise Tracy
FillosJ. Pierpont Morgan (pt) Traducir, Juliet Pierpont Hamilton (en) Traducir, Anne Morgan (en) Traducir, Louisa Pierpont Morgan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJunius Spencer Morgan  e Juliet Pierpont
IrmánsMary Lyman Morgan (en) Traducir, Sarah Spencer Morgan (en) Traducir, Junius Spencer Morgan Jr. (en) Traducir e Juliet Pierpont Morgan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Morgan-61 Find a Grave: 733 Editar o valor em Wikidata

Entre as súas actividades destacaron a fusión de Edison General Electric e Thompson-Houston Electric Company para formar a General Electric Company en 1891, o financiamento para a creación da Federal Steel Company (Compañía Federal de Aceiro) e a fusión da Carnegie Steel Company e varias compañías máis do sector do ferro e do aceiro para formar en 1901 a Corporación dos Aceiro dos Estados Unidos. Asociouse co empresario irlandés William Pirrie, dos estaleiros Harland and Wolff, para a fundación do trust navieiro International Mercantile Marine Company.

Legou a maioría da súa colección de arte ao Museo Metropolitano de Arte da cidade de Nova York. A finais da súa carreira, a principios da primeira década de 1900, el e os seus socios tiñan cuantiosos investimentos financeiros en moitas grandes corporacións. En 1901 era un dos homes máis ricos do mundo. Morreu en Roma, Italia, en 1913, deixando a súa fortuna e negocios ao seu fillo, Jack Pierpont Morgan.

Traxectoria editar

 
J. P. Morgan, ca. 1902

Morgan comezou a traballar en 1857 na empresa do seu pai, Junius S. Morgan, na sucursal de Londres, e emigrou á cidade de Nova York un ano despois. Alí traballou na firma Duncan, Sherman & Company, os representantes nos Estados Unidos de George Peabody & Company. De 1860 a 1864 traballou como axente en Nova York para a firma do seu pai como J. Pierpont Morgan & Company. Entre 1864 e 1871 foi membro da Dabney, Morgan & Company, que en 1871 se aliou coa Drexels of Philadelphia para formar a firma neoiorquina Drexel, Morgan & Company.

Durante a guerra civil estadounidense, Morgan entrou en contacto co goberno para adquirir rifles anticuados do exército por só 3,50 dólares cada un. O socio de Morgan arranxounos para revendelos posteriormente por 22 dólares. O exército decatouse de que estaba recomprando as súas propias armas, pero o que se chegou a denominar escándalo resultou ser máis un caso de ineficiencia gobernamental que un acto fraudulento de Morgan (o cal, entre outras cousas, non chegara a ver os rifles en ningún momento, e só actuaba como financeiro). Morgan, pola súa banda, do mesmo xeito que moitos cidadáns da clase alta (por exemplo o que foi máis tarde presidente, Grover Cleveland), evitou o servizo militar mediante o pago de 300 dólares en substitución.[1]

En 1985, trala morte de Tony Drexel, a compañía pasou a chamarse J. P. Morgan & Company. Seguía a conservar os seus lazos coa Drexel & Company en Filadelfia, a Morgan, Harjes & Company en París e a J. S. Morgan & Company (a partir de 1910 chamada Morgan, Grenfell & Company) en Londres. Para o ano 1900, era unha das entidades bancarias máis importantes do mundo, levando a cabo grandes negocios, especialmente fusións e adquisicións. Morgan tivo moitos socios ao longo dos anos, pero mantívose sempre ao mando.[2]

O ascenso ao poder de Morgan estivo acompañado por dramáticas batallas financeiras; quitoulle o control dos ferrocarrís Albany and Susquehanna a Jay Gould e Jim Fisk en 1869; dirixiu o lobby que rompeu os privilexios para as finanzas gobernamentais de Jay Cooke, e axiña viuse involucrado en desenvolver e financiar un imperio ferroviario a través de operacións mercantís en todas as partes dos Estados Unidos.

Acumulou grandes sumas de diñeiro en Europa, mais, en lugar de limitarse a reinvestir os fondos, axudou os ferrocarrís a reorganizarse e lograr un maior rendemento. Loitou contra os especuladores, interesados en simples ganancias a curto prazo, e creou unha nova visión dun sistema integrado do transporte. En 1885, reorganizou o ferrocarril de Nova York, a Costa Occidental e Buffalo, arrendándollo despois á New York Central. En 1886, reorganizou a compañía Philadelphia and Reading, e, en 1888, o Chesapeake and Ohio.

Despois de que o Congreso aprobase a "Interstate Commerce Act" de 1887, Morgan organizou conferencias en 1889 e 1890 que reuniron presidentes ferroviarios para axudar á industria a seguir as novas leis e acordos establecidos para o mantemento dunhas "taxas públicas, razoables, uniformes e estables". As conferencias foron as primeiras da súa clase, e crearon unha comunidade cun interese común entre as compañías do sector, preparando o terreo para as grandes fusións de principios do século XX.

Morgan especializouse en comprar empresas con problemas e reorganizar as súas estruturas de negocio e a súa xestión para volver facelas rendibles. A súa reputación como banqueiro e financeiro era xa tan alta que o axudaba a atraer o interese dos investidores nos negocios que compraba.

No ano 1900 financiou con 150 000 dólares e cedeu un predio en Long Island a Nikola Tesla para facer a Torre Wanderclyffe, o que prometía ser un transmisor de radio de alta potencia para comunicacións transatlánticas. En 1903, Tesla gastara todo o investimento inicial sen completar o proxecto; ademais Marconi realizara unha transmisión transatlántica cun equipo moito máis barato. Entón Morgan declinou refinanciar máis este proxecto. Tesla tentou xerar maior interese na Torre Wanderclyffe revelando a capacidade de transmitir electricidade de forma inalámbrica, pero coa perda dos fondos de Morgan, e a situación de Wall Street en 1903, o seu proxecto nunca foi completado.

En 1895, no momento económico máis baixo trala depresión económica de 1893, o Tesouro Federal estaba case sen ouro nos seus reservas. O presidente Grover Cleveland chegou a un acordo con Morgan para crear un sindicato privado en Wall Street para prover o Tesouro dos Estados Unidos con 65 millóns de dólares en ouro, a metade procedente de Europa, para emitir débeda do tesouro que permitise recuperar as arcas do tesouro ata un superávit de 100 millóns. O episodio salvou o tesouro, pero danou politicamente a Cleveland a través da á agraria do seu partido, o Partido Demócrata, e converteuse nun tema clave das eleccións de 1896, cando os bancos se converteron no obxecto dos ataques de William Jennings Bryan. Morgan e o resto de banqueiros de Wall Street fixeron fortes doazóns ao candidato republicano, William McKinley, que resultou elixido en 1896 e reelixido en 1900.[3]

En calquera caso, os inimigos da banca atacaron a Morgan polos termos do seu préstamo de ouro ao goberno federal, incluíndo entre os seus ataques provocar a crise financeira de Nova York. En 1912, Morgan apareceu e defendeuse publicamente ante un comité do congreso presidido por Arsène Pujo, que investigaba o trust bancario de Wall Street e que foi dirixido especialmente contra el.

Faleceu en Roma en 1913, mentres durmía. A súa morte causou gran conmoción nos Estados Unidos, Wall Street pechou un día por duelo, algo pouco común xa que ese suceso só pasaba polo falecemento dun presidente.

Notas editar

  1. Zinn, Howard. A People's History of the United States. New York: Perennial, 2003. páx. 255 ISBN 0-06-052837-0
  2. Garraty, (1960)
  3. Chernow (2001) ch 4

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Auchincloss, Louis. J.P. Morgan : The Financier as Collector Harry N. Abrams, Inc. (1990) ISBN 0-8109-3610-0
  • Baker, Ray Stannard (outubro de 1901). "J. Pierpont Morgan". McClure's Magazine 17 (6): 507–518. Consultado o 10 de xullo de 2009. 
  • Brands, H.W. Masters of Enterprise: Giants of American Business from John Jacob Astor and J. P. Morgan to Bill Gates and Oprah Winfrey (1999), pp. 64–79
  • Bryman, Jeremy. J. P. Morgan: Banker to a Growing Nation : Morgan Reynolds Publishing (2001) ISBN 1-883846-60-9, for middle schools
  • Carosso, Vincent P. The Morgans: Private International Bankers, 1854–1913. Harvard U. Press, 1987. 888 pp. ISBN 978-0-674-58729-8
  • Chernow, Ron. The House of Morgan: An American Banking Dynasty and the Rise of Modern Finance, (2001) ISBN 0-8021-3829-2
  • Garraty, John A. Right-Hand Man: The Life of George W. Perkins. (1960) ISBN 978-0-313-20186-8
  • Garraty, John A. "The United States Steel Corporation Versus Labor: The Early Years," Labor History 1960 1(1): 3–38
  • Morris, Charles R. The Tycoons: How Andrew Carnegie, John D. Rockefeller, Jay Gould, and J. P. Morgan Invented the American Supereconomy (2005) ISBN 978-0-8050-8134-3
  • Strouse, Jean. Morgan: American Financier. (1999). 796 páx. resumo e pescuda de textos
  • Wheeler, George, Pierpont Morgan and Friends: the Anatomy of a Myth, Englewood Cliffs, N.J., Prentice-Hall, 1973. ISBN 0136761488

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar