Morgan Library & Museum

A Morgan Library & Museum (Biblioteca e Museo Morgan) é un museo e biblioteca de investigación en Nova York, Estados Unidos (225 Madison Avenue at 36th Street), antes chamada Biblioteca Pierpont Morgan J. Pierpont Morgan Library. A Morgan Library & Museum atópase dentro do condado de Nova York.

Morgan Library & Museum
Coordenadas40°44′55.69″N 73°58′53.6″O / 40.7488028, -73.981556Coordenadas: 40°44′55.69″N 73°58′53.6″O / 40.7488028, -73.981556
PaísEEUU
CidadeNova York
Director225 Madison Avenue, East 36th Street, Manhattan
Construción1900-1906
Na rede
https://www.themorgan.org/
Facebook: morganlibrary Twitter: MorganLibrary Youtube: UC2scvd9X4GX5-qSYrNSsSIw Pinterest: morganlibrary Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi fundada en 1906, co fin de almacenar a biblioteca privada de John Pierpont Morgan. Nesta biblioteca estaban incluídos, ademais de manuscritos e libros impresos, unha peculiar colección de impresos e debuxos.

A entrada redeseñada por Renzo Piano (2006, esq.) e o anexo deseñado por Benjamin Wistar Morris (1928, dta.)

O edificio foi deseñado por Charles McKim, da firma McKim, Mead and White, e construído cun custo de 1,2 millóns de dólares. En 1924, o fillo de J. P. Morgan transformou a biblioteca nunha institución pública.

Edificio McKim da Biblioteca e Museo Morgan.

A biblioteca está formada por un complexo de edificios que serven adicionalmente como museo e como centro de investigación. Contén manuscritos orixinais de Sir Walter Scott, Honoré de Balzac, Bob Dylan, Charlotte Brontë, Charles Dickens e outros autores. Adquiriu en 1977 o pergamiño Vindel do século XIII, única copia existente coa música de cantigas do trobador Martín Codax. Tamén ten unha gran cantidade de incunables, e impresións e debuxos de artistas europeos como Leonardo da Vinci, Rembrandt, Michelangelo, Peter Paul Rubens, Albrecht Dürer e Pablo Picasso. A biblioteca ten varias das primeiras biblias que foron impresas, incluíndo tres biblias de Johannes Gutenberg. Tamén posúe un dos dous orixinais existentes de Le Morte d'Arthur, que imprimiu William Caxton en 1485, e o orixinal de Ivanhoe, novela de Walter Scott. Hai que destacar ademais o Libro d'Ore de Alessandro Farnese,[Cómpre referencia] ilustrado con miniaturas por Giulio Clovio.

O Morgan Library & Museum atópase inscrito como un Fito Histórico Nacional no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.[1]

Notas editar

  1. "National Register of Historic Places". Consultado o 7 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar