Jürg Richter, nado en Zürich o 1 de outubro de 1963, é un numismático suízo especializado no comercio de moedas.

Infotaula de personaJürg Richter
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1963
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Suízo.
EducaciónUniversidade de Zürich.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCredit Suisse (pt) Traducir
UBS AG (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
2016: Premio Otto Paul Wenger.

Traxectoria editar

Jürg Richter descubriu a súa afección polo coleccionismo de moedas na súa infancia. Cursou estudos de Economía na Handelsschule, Sankt Gallen, e na Universidade de Zürich.[1]

Richter converteuse en numismático profesional en 1985, traballando en Credit Suisse durante 12 anos, ata o pechamento desta compañía en 1996.[1][2]

Entre 1996 e 1998 traballou na empresa de comercio numismático de Frank Sternberg, de Zürich, na que duirixiu as súas primeiras poxas de moedas, e de 1998 a 2011 pasou a formar parte do Departamento de Ouro e Numismática de UBS, onde ocupou postos de dirección.[1][2]

A partir da absorción deste departamento da UBS en 2011 por parte da compañía Sincona AG, Jürg Richter pasou a ser poxador e director comercial nesta última.[1][2]

As súas especialidades son a moeda de ouro e de prata a partir do século XVII, as moedas de ouro de investimento e as moedas cantonais e federais suízas, así como os táleros de tiro e os billetes.[2]

No ámbito asociativo, Jürg Richter e membro da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos e da Sociedade Numismática de Zürizc. En ambas as entidades coupou cargos directivos.[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Jürg Richter:[1][4]

  • (1988). Fehlprägungen und Fälschungen von Schweizer Münzen ab 1850. Helvetische Münzenzeitung, Zürich.
  • (2003). Die Banknoten der Schweiz (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861827
  • (2005). Die Schützentaler und Schützenmedaillen der Schweiz. Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861957
  • (2005). Die Schützenjetons der Schweiz. Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861957
  • (2006). Der neue HMZ-Katalog (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl.
    • Tomo 1: Die Münzen der Schweiz. Antike bis Mittelalter. ISBN 3-86646-508-4
    • Tomo 2: Die Münzen der Schweiz und Liechtensteins. 15./16. Jahrhundert bis Gegenwart. ISBN 3-86646-504-1
  • (2006). Die Münzen der Schweiz Antike bis Mittelalter (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. ISBN 9783866465084
  • (2016). Die Proben und Materialvarianten der Kantonsmünzen. Regenstauf Gietl Verlag.
  • (2020). Swiss shooting talers and shooting medals. Battenberg Verlag. ISBN 978-3866461932

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Richter, Jürg". En Coins Weekly. 13 de maio de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Jürg Richter". www.Sincona.com
  3. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
  4. "Richter, Jürg". WorldCat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar