Frank Sternberg

numismático alemán


Frank Sternberg, nado en Berlín o 13 de decembro de 1912 e finado en Männedorf, Zürich, o 21 de xuño de 1994, foi un comerciante numismático alemán establecido en Suíza.

Infotaula de personaFrank Sternberg
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1912.
Morte21 de xuño de 1994 (81 anos)
Männedorf.
Zürich.
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemá.
Educación Universidade Humboldt de Berlín.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
1992: Premio Otto Paul Wenger.

Traxectoria editar

Sternberg naceu en Berlín en 1912. Ao ser sobriño de Behrendt Pick, director do gabinete numismático da biblioteca ducal de Gotha, Sternberg tivo unha estreita relación co mundo da moeda desde a súa infancia.[1][2][3]

Entre 1931 e 1936 cursou os seus estudos de Dereito e de Numismática na Universidade Humboldt de Berlín, con Kurt Regling. Durante eses anos traballou tamén como asistente científico no comercio numismático Robert Ball Nachf, de Berlín.[1][2][3]

Concluídos os seus estudos, entre 1936 e 1939 viaxou por Inglaterra, Suíza e Italia e motivos políticos levárono a viaxar a Nova York en 1939, onde a súa experiencia previa no sector lle favoreceu ser contratado pola compañía de poxas Stack's e traballar cos numismáticos Hans Holzer e Henry Grunthal, desa cidade. Máis tarde abriu alí o seu propio negocio.[1][2][3]

Xa de volta en Europa, entre 1946 e 1953 exerceu como funcionario do Departamento de Xustiza estadounidense en Berlín e en Múnic.[1]

En 1955 viaxou a Suíza e instalouse en Zürich coa súa muller e a súa filla. Alí rexentou un comercio de numismática con sedes nesa cidade e en Nova York, especializado en moeda antiga e medieval, e en 1973 comezou a organizar as súas propias poxas, xa de carácter internacional.[1][2][3]

Frank Sternberg foi membro da Sociedade Suíza de Numismática desde 1957,[2] e da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais, así como membro vitalicio da American Numismatic Society e da American Numismatic Association.[3]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Sternberg Frank (1912-1994)". Numis Post (Numis-online.ch).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Hurter, S. (1994).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Numismatists mourn death of Sternberg Arquivado 07 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". En The Celator. Vol. 8. Nº 10. 1994. Páxina 30
  4. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar