Ivan Minchov Vazov (en búlgaro: Иван Минчов Вазов), nado en Sopot o 27 de xuño de 1850 e finado en Sofía o 22 de setembro de 1921, foi un poeta, novelista e dramaturgo búlgaro, coñecido como "o patriarca da literatura búlgara".[1][2][3] Naceu en Sopot, localidade do val das Rosas de Bulgaria (entón parte do Imperio Otomán). As obras de Ivan Vazov transcorren en dúas épocas históricas, o renacemento búlgaro e a época trala independencia.

Infotaula de personaIvan Vazov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bg) Иван Вазов Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(bg) Иван Минчов Вазов Editar o valor em Wikidata
9 de xullo de 1850 Editar o valor em Wikidata
Sopot (Imperio Otomán) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1921 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Sofía (Reino de Bulgaria) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de Santa Sofía de Sofía Editar o valor em Wikidata
Minister of Education and Science (en) Traducir
26 de agosto de 1897 – 18 de xaneiro de 1899
Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir

Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir

Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBulgaria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sofía (1889–1921)
Odesa (1886–1889)
Plovdiv (1881–1885)
Berkovica (pt) Traducir (1879–1880)
Svilengrad (pt) Traducir (1872–1873)
Oltenița (pt) Traducir
Ruse (pt) Traducir
Svishtov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , tradutor , político , prosista , xuíz , escritor , dramaturgo , novelista , crítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPeople's Party (Bulgaria) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEpopea e poesia lírica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioПейчин
Боянец
Белчин
Д. Н-ров
Добринов
Ц-в
Н-чев Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua búlgara Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaVazov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAtina Bolyarska (1891–1921)
ParellaEvgenia Mars (en) Traducir (1905–1921) Editar o valor em Wikidata
PaisMincho Vazov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Saba Vazova (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGeorgi Vazov (pt) Traducir, Vladimir Vazov (pt) Traducir, Boris Vazov (pt) Traducir, Kiril Vazov (pt) Traducir, Mihail Vazov (pt) Traducir, Nikola Vazov (pt) Traducir, Ana Vazova (pt) Traducir e Valka Vazova-Fetvadzhieva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0891447 Musicbrainz: fbbb4d93-da5c-4a0a-8095-dbf9c3dc4cb2 Editar o valor em Wikidata

Vazov ten o máis alto título de honra da Academia Búlgara das Ciencias. Foi Ministro de Educación e Ilustración Popular entre o 7 de setembro de 1897 e o 30 de xaneiro de 1899, representando ao Partido Popular.

Traxectoria editar

A data exacta do nacemento de Vazov é discutida. Os seus pais, Saba e Mincho Vazov tiveron unha grande influencia no mozo.

Tras rematar a escola primaria en Sopot, Mincho enviou o seu fillo a Kalofer, designado profesor axudante. Tras facer os seus exames finais en Kalofer, o mozo profesor volveu a Sopot a axudar na tenda do seu pai. O seguinte ano, o seu pai enviouno a Plovdiv a escola de Naiden Gerov. Aló, Vazov deu os seus primeiros pasos como poeta.

Volveu a Sopot só para marchar logo a Oltenița en Romanía, xa que o seu pai desexaba que se convertese en aprendiz e estudante de comercio co seu tío, aínda que Vazov non amosou interese polo comercio. Pola contra, mergullouse na literatura e axiña marchou de onda o seu tío e marchou a Brăila, onde viviu con revolucionarios búlgaros no exilio e coñeceu a Hristo Botev, revolucionario e poeta.

En 1874, uniuse á loita pola independencia de Bulgaria do Imperio Otomán. Volveu a Sopot o ano seguinte, facéndose membro do comité revolucionario local. Tralo fracaso do levantamento de abril de 1876, tivo que abandonar o país, marchando a Galaţi, onde estaban exiliados a maioría dos revolucionarios sobreviventes. Alí foi nomeado secretario do comité.

Vazov foi influenciado probablemente por Botev, que era o líder ideolóxico do movemento revolucionario búlgaro. Comezou a escribir os seus famosos poemas con Botev e outros emigrantes búlgaros en Romanía. En 1876 publicou a súa primeira obra, "Пряпорец и гусла", seguida por "Тъгите на България" en 1877.

Bulgaria conseguiu a súa independencia en 1878 trala guerra ruso-turca e Vazov escribiu o célebre Епопея на забравените. Converteuse no editor das revistas políticas Science e Dawn. Con todo, foi obrigado a exiliarse unha vez máis, desta volta a Odesa, a causa da persecución da facción política rusófila. Volveu a Bulgaria coa axuda da súa nai Suba Vazova e comezou a dar clases. A seguinte parada na súa vida foi en Svishtov, onde se converteu en funcionario.

 
Casa de Ivan Vazov, agora un museo, en Sofía, Bulgaria

Mudouse a Sofía en 1889, e comezou a publicar a revista Dennitsa. A novela de 1888 Pod igoto, que mostra a opresión otomá en Bulgaria, é a obra máis coñecida da literatura búlgara clásica e foi traducida a máis de trinta linguas.[4]

Ao final da súa vida, Vazov foi unha figura destacada e amplamente respectada na vida social e cultural da Bulgaria independente.

Outras obras editar

Algunhas das obras máis célebres de Vazov son Нова земя (1894), Песни за Македония (1914) e Не ще загине (1920) e as obras de teatro Хъшове (1894), Borislav (1909) e Ivaylo (1911).

Lugar histórico editar

 
Baixorrelevo de Vazov na rúa Vazovova, Bratislava

A casa de Vazov en Sofía converteuse nun museo que contén unha recreación da súa residencia con mobles de época e o seu can disecado. O museo está situado na esquina das rúas Ivan Vazov e Georgi S. Rakovski.

Honras editar

 
Tumba de Vazov no centro de Sofía. Ao fondo está a igrexa de Santa Sofía. A tumba é unha pedra de sienita dos montes Vitosha onde Vazov gustaba de ir pasear. (42°41.799′N 23°19.943′L / 42.696650, -23.332383)

O teatro nacional Ivan Vazo de Sofía recibiu o seu nome, igual que a biblioteca nacional Ivan Vazov de Plovdiv. Un parque preto da igrexa de Santa Sofía da capital búlgara acolle o monumento máis coñecido a Vazov.

A rúa Vazovova de Bratislava e o Vazov Point e Vazov Rock na illa Livingston nas illas Shetland do Sur na Antártida tamén recibiron o seu .[5]

En 1917, foi candidato ao premio Nobel de literatura.[6]

Notas editar

  1. Bourchier, J. D. (1910). "Bulgaria". The Encyclopaedia Britannica; A Dictionary of Arts, Sciences, Literature and General Information. IV (BISHARIN to CALGARY) (11.ª ed.). Cambridge, England: At the University Press. p. 786. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Internet Archive. 
  2. Grogan, Ellinor (xuño de 1922). "Ivan Vazov". The Slavonic Review 1 (1): 225–227. JSTOR 4201601. 
  3. Robinson, Lucy Catlin Bull (1917). "Ivan Vazov, Critical and Biographical Introduction". En Warner, C.D. et. al. The Library of the World's Best Literature. An Antology in Thirty Volumes 26. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Bartleby.com (Great Books Online). 
  4. Vazoff, Ivan (1912). Under the Yoke: A Romance of Bulgarian Liberty with An Introduction by Edmund Gosse. Londres: William Heinemann. Consultado o 17 de xuño de 2018 – vía Internet Archive. 
  5. Vazov Point SCAR Composite Gazetteer of Antarctica
  6. "Nomination Database". Consultado o 27 de maio de 2016 – vía Nobelprize.org. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bull, Lucy Catlin (1897). "Ivan Vazoff (1850 -)". En Warner, Charles Dudley. Library of the World's Best Literature. Ancient and Modern 26. Nova York: R.S.Peale and J.A. Hill. pp. 15263–15286. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Internet Archive. 
  • Tsanov, Radoslav A. (1908). "Ivan Vazoff: Balkan Poet and Novelist". Poet Lore, A Magazine of Letters (Nova York: AMS Reprint Company) 19: 98–110. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía HathiTrust Digital Library. 
  • Gosse, Edmund (1912). "Introduction". Under the Yoke: A Romance of Bulgarian Liberty by Ivan Vazoff. Londres: William Heinemann. pp. i–ix. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Internet Archive. 
  • Keller, Helen Rex (1923). "Under the Yoke ("Pod Igoto)". The Reader's Digest of Books. New York: The Macmillan Company. pp. 868–869. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía HathiTrust Digital Collection. 
  • Ташев, Ташо. Министрите на България 1879-1999. София, АИ „Проф. Марин Дринов“ / Изд. на МО, 1999. ISBN 978-954-430-603-8 / ISBN 978-954-509-191- 9. с. 74-75.
  • Карчев, Петър. През прозореца на едно полустолетие (1900-1950), София, 2004, стр. 274.
  • Михаил Арнаудов. „Македония като българска земя“. (беседа, държана в Битоля на 4 юли 1941 г.)
  • Бачева, Ирина и др. Кратък летопис. // vazovmuseum.com. Къща музей "Иван Вазов" - Сопот, 2013. Посетен на 2013-03-18.
  • Аврамов, Румен. Комуналният капитализъм: Т.II. София, Фондация Българска наука и култура / Център за либерални стратегии, 2007. ISBN 978-954-90758-8-5. с. 22.
  • SCAR Composite Gazetteer of Antarctica: Vazov Point.
  • Нацева, Розалина, Любен Иванов, Инес Лазарова, Петя Кръстева. Каталог на българските банкноти. Българска народна банка. С., 2004. ISBN 954-9791-74-2, с. 107

Ligazóns externas editar