Igrexa de Santa Sofía de Sofía
A igrexa de Santa Sofía (búlgaro: Църква Света София, Sveta Sophia) é unha igrexa situada en Sofía, Bulgaria. O nome da cidade tomou o da igrexa no século XIV.
Igrexa de Santa Sofía de Sofía | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa e igrexa ortodoxa ![]() | |||
Epónimo | Sabedoria (pt) ![]() ![]() | |||
Estilo | arquitectura bizantina e Arquitectura paleocristiá ![]() | |||
Material usado | ladrillo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Bulgaria | |||
Provincia | Provincia de Sofía-Cidade | |||
Concello | Stolichna obshtina | |||
Municipal district of Bulgaria (en) ![]() | Oborishte District (en) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | século VI ![]() | |||
Dimensións | ||||
Anchura | 20 m ![]() | |||
Lonxitude | 47 m ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarNeste lugar atopábase a necrópole romana da ciadade de Serdica e un teatro romano. A fundación da igrexa remóntase ao século VI coa construción da igrexa primitiva sobre a localización doutras dúas igrexas anteriores ao século IV. Ao longo dos séculos, construíronse outras igrexas, que foron derruidas por forzas invasoras coma os godos e os hunos. A estrutura actual de planta basilical, con dúas torres e unha cúpula, parece ser a quinta estrutura do lugar, construída durante o reinado do emperador bizantino Xustiniano I a redor do século VI. Considérase, polo tanto, unha versión moderna da Santa Sofía de Istambul.
Durante o Segundo Imperio Búlgaro (séculos XII ao XIV) a igrexa foi sede do obispado, tomando nesta época a cidade o nome do monasterioː Sofía. No século XVI, durante a época otomá, a igrexa converteuse en mesquitaː os frescos orixinais dos século XII foron derruidos e engadíronse minaretes. No século XIX, dous terremotos derruiron un dos minaretes e a mesquita foi abandonada. A restauración comezou despois do 1900.
No exterior da igrexa atópase o Monumento ao Soldado Descoñecido en honra aos soldados falecidos na primeira guerra mundial.[1]
Características
editarA igrexa de Santa Sofía é un dos mellores exemplos de arquitecura paleocristiá no sueste de Europa. O edificio actual ten planta cruciforme con tres altares. O chan da igrexa está cuberto con ornamentos paleocristiás e mosaicos de fauna e flora. A igrexa atópase situada sobre unha necrópole antiga e atoparonse varias tumbas ao redor e dentro da igrexa. Algunhas delas incluso contiñan frescos orixinais.
Debido a que Santa Sofía representa a santa sabedoría, no interior hai iconas representando a Sofía e a Cristo Emmanuel, unha figura dun xove Cristo sentado sobre un arco da vella. A igrexa tamén alberga iconas de santos históricos, como San Xurxo ou San Vladimir.
Galería
editar-
Igrexa de Santa Sofía co Monumento ao Soldado Descoñecido.
-
Vista da fachada na actualidade.
-
Vista da fachada en 1878.
-
Vista da igrexa a redor de 1915.
Notas
editar- ↑ "Света София". Българска енциклопедия А-Я (in Bulgarian). БАН, Труд, Сирма. 2002. ISBN 954-8104-08-3. OCLC 163361648.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa Sofía de Sofía |