Iván Espinosa de los Monteros

político español

Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971, é un promotor inmobiliario e político español, vicesecretario de Relacións Internacionais do partido político Vox. É deputado da XIII e XIV lexislatura das Cortes Xerais, onde exerce de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados.

Iván Espinosa de los Monteros
Rueda de Prensa - 20230124 (52646552655) (cropped2).jpg
Nacemento3 de xaneiro de 1971
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterICADE e Universidade Rei Xoán Carlos
Ocupaciónpolítico, economista e real estate developer
PaiCarlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós
NaiMaría Eugenia de Simón y Vallarino
CónxuxeRocío Monasterio
Na rede
Twitter: ivanedlm Instagram: ivanedlm Telegram: ivanedlm Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Orixes e primeiros anosEditar

Nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971,[1] é fillo do empresario Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós, IV marqués de Valtierra, e de María Eugenia de Simón y Vallarino. É descendente de Carlos Espinosa de los Monteros y Sagaseta de Ilurdoz, militar e diplomático español, a cuxo favor foi creado o marquesado de Valtierra por Afonso XIII en 1907.

Estudou Ciencias Económicas e Empresariais en ICADE e obtivo un MBA de finanzas nos Estados Unidos.[2] En 2001, contraeu matrimonio con Rocío Monasterio, arquitecta hispanocubana, con quen tivo catro fillos.[3] O matrimonio en ocasións traballou conxuntamente no sector da construción, comprando espazos sen uso para convertelos en vivendas de luxo deseñadas por Monasterio. Espinosa tamén traballou en empresas de consultoría, xestión e investimento.[4]

Colaborou como tertuliano en programas de televisión como El Gato al Agua (IntereconomíaTV) ou Espejo Público (Antena 3).[4]

Dirixente de VoxEditar

Ligado ao partido político Vox dende a súa fundación en 2013, ocupou o cargo de secretario xeral da Comisión Organizadora Provisional antes da celebración do primeiro congreso do partido. A continuación pasou a ocupar a Secretaría Xeral do partido até outubro de 2016, cando tomou cargo da Vicesecretaría de Relacións Internacionais. Foi número 2 da lista electoral do partido para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 encabezada por Alejo Vidal-Quadras, e que non obtivo representación.[5]

Tamén se presentou como candidato por Vox a senador por Madrid nas eleccións ao Senado de 2015 e de 2016. En marzo de 2019, foi confirmado como terceiro na lista de Vox para as eleccións ao Congreso por Madrid do 28 de abril encabezada por Santiago Abascal.[6] Elixido deputado nos comicios ao obter a candidatura de Vox 5 deputados na circunscrición,[7][8] a partir da constitución da XIII lexislatura da cámara baixa, o 21 de maio de 2019, pasou a exercer de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox.[9][10][11]

NotasEditar

  1. "XIII Legislatura (2019-Actualidad) Espinosa de los Monteros de Simón, Iván". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  2. EFE. "Iván Espinosa de los Monteros, portavoz de Vox en el Congreso". eldiario.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2019. 
  3. "Cuatro hijos, casoplón en Madrid y casados con bendición papal: así es la pareja en la cima de Vox". La Vanguardia. 29 de marzo de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 20Minutos (10 de xaneiro de 2019). "¿Quién es Iván Espinosa de los Monteros de Vox?". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2019. 
  5. "Disposición 4577 del Boletín Oficial del Estado número 104, de 2014" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 29 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  6. "Vox anuncia a Abascal, Ortega Smith y Espinosa de los Monteros como cabezas de lista en Madrid". ELMUNDO (en castelán). 16 de marzo de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  7. Jan, Cecilia (30 de abril de 2019). "Quiénes son los 24 diputados de Vox". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  8. Razón, La (29 de abril de 2019). "Los 24 diputados de Vox al Congreso". www.larazon.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2019. 
  9. "Iván Espinosa de los Monteros será portavoz de Vox en el Congreso". LaSexta (en castelán). 21 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  10. "Abascal prefiere la flema de Espinosa en la portavocía a la brocha gorda de Ortega Smith". El Español (en castelán). 22 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  11. "Vox nombra a Iván Espinosa portavoz en el Congreso". www.msn.com. Consultado o 25 de maio de 2019.