Rocío Monasterio

política española

Rocío Monasterio San Martín, nada en Madrid o 4 de febreiro de 1974,[1] é unha empresaria, arquitecta e política hispanocubana, deputada na Asemblea de Madrid. É a presidenta de Vox na Comunidade de Madrid.

Infotaula de personaRocío Monasterio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rocío Monasterio San Martín Editar o valor em Wikidata
4 de febreiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Provincia de Cienfuegos, Cuba Editar o valor em Wikidata
Deputada na Asemblea de Madrid
Representa: Vox

8 de xuño de 2021 –

Deputada na Asemblea de Madrid
11 de xuño de 2019 –

Datos persoais
País de nacionalidadeCuba
España Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1992–2009)
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , arquitecta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoVox Editar o valor em Wikidata
MovementoPró-vida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeIván Espinosa de los Monteros (2001–)
ParentesCarlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós (en) Traducir (husband's father (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
ImputaciónFraude documental (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: monasterioR Instagram: rociomonasteriovox Telegram: RocioMonasterioVOX Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada o 4 de febreiro de 1974, filla de pai cubano e nai española,[2] as fontes diverxen en situar o nacemento de Monasterio, citando unhas Madrid,[3] mentres outras o sitúan en Cuba.[4][5] Monasterio afirma que naceu en Madrid.[6] Os seus devanceiros cubanos foron terratenentes en Cienfuegos, propietarios do enxeño azucreiro «Manuelita» e donos da Compañía Azucreira Atlántica do Golfo, que chegou a cotizar na bolsa de Nova York.[7] Trala revolución cubana de 1959 e a expropiación das súas empresas e propiedades, a familia recalou en España, onde o seu pai abriu o primeiro Kentucky Fried Chicken do país, en 1972.[7]

Comezou estudos de arquitectura en 1992 na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM).[8] O 15 de maio de 2001, contraeu matrimonio na capela das Escravas do Sacro Corazón de Xesús (La Moraleja) co promotor inmobiliario Iván Espinosa de los Monteros, fillo de Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós.[9][10] Monasterio (aínda antes de posuír a titulación de arquitecta) dirixiu un estudo dedicado a adquirir locais para a súa transformación en lofts e a decorar vivendas de luxo, ofertadas polo seu marido.[11]

Carreira política editar

 
Monasterio nun acto de Vox en Vistalegre.

Rocío Monasterio entrou a formar parte de Vox en 2014, sendo presidenta de Vox Madrid dende 2019. Tamén é responsable a nivel nacional da área de Asuntos Sociais,[12] máis concretamente vicesecretaria de Asuntos Sociais do partido.[13] O 18 de abril de 2019 foi anunciada como cabeza de lista do seu partido de cara ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2019, postulándose así como aspirante á presidencia da rexión, incorporándose José María Marco como número 2 da lista electoral.[14][15][16] Ademais da súa actividade en Vox, foi fundadora da Plataforma polas Liberdades, entidade dedicada a «combater a ideoloxía de xénero», e do Foro Xeración do 78, unha asociación de debate sobre temas políticos, económicos, culturais e internacionais integrada por mozos profesionais.[17]

Rocío Monasterio colabora tamén coa Fundación Renacimiento Demográfico e Fundación Madrina, que lle outorgou, xunto a Iván Espinosa, o Premio «Amigos Madrina» do valor de solidariedade persoal e familiar.

O 24 de marzo de 2021 foi anunciada como cabeza de lista nas eleccións á Asemblea de Madrid de 2021.[18]

Notas editar

  1. "Ficha de diputada en la Asamblea de Madrid". 
  2. "Rocío Monasterio, en 22 curiosidades". El País (en castelán). 17 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  3. Cedeira, Brais (16 de xuño de 2019). "El enigma Rocío Monasterio: la nieta del latifundista que manda en Vox con sonrisa impasible". El Español. 
  4. Madrid, J. (28 de outubro de 2018). "Madre de cuatro hijos y arquitecta: Rocío Monasterio, la voz femenina de Vox". Vanitatis (El Confidencial). 
  5. Solanilla, Pau (8 de setembro de 2019). "Vox, el alumno aventajado de la tecnopolítica en España". Agenda Pública. El País. 
  6. "Monasterio: "Me dijeron que era mejor que no fuera a Cuba"". Madridiario / YouTube. 24 de maio de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2021. Nací en Madrid (minuto 5:39) 
  7. 7,0 7,1 Cedeira, Brais (16 de xuño de 2019). "El enigma Rocío Monasterio: la nieta del latifundista que manda en Vox con sonrisa impasible". El Español (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  8. Domínguez, Íñigo; Peinado, Fernando (1 de novembro de 2019). "Rocío Monasterio falseó en su currículum la fecha en la que terminó arquitectura". El País. 
  9. "Cuatro hijos, casoplón en Madrid y casados con bendición papal: así es la pareja en la cima de Vox". La Vanguardia. 29 de marzo de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019. 
  10. 20Minutos (10 de xaneiro de 2019). "¿Quién es Iván Espinosa de los Monteros de Vox?". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2019. 
  11. Salido Cobo, Jorge (2 de maio de 2008). "De taller mecánico a 'loft'-oficina". El Mundo. 
  12. "VOX España: Comité Ejecutivo Nacional". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2019. Consultado o 06 de maio de 2021. 
  13. "Rocío Monasterio - Noticias, reportajes, vídeos y fotografías". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2019. 
  14. 20Minutos (18 de abril de 2019). "Ortega Smith será el candidato de Vox al Ayuntamiento de Madrid y Rocío Monasterio a la Comunidad". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2019. 
  15. "Vox elige a Rocío Monasterio para la Comunidad de Madrid y a Ortega Smith para el Ayuntamiento". ELMUNDO (en castelán). 18 de abril de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019. 
  16. "Vox: Rocío Monasterio será la candidata a la Comunidad de Madrid y Ortega Smith al Ayuntamiento". El Independiente (en castelán). 18 de abril de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019. 
  17. "Rocío Monasterio, el rostro de Vox en Madrid". abc (en castelán). 18 de abril de 2019. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  18. "Elecciones en Madrid: Vox confirma a Monasterio como candidata para Madrid con Abascal como director de campaña". La Razón (en castelán). 24 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar