Santiago Abascal
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos. Así mesmo é autor de varios ensaios políticos.
Traxectoria
editarNaceu en Bilbao o 14 de abril de 1976, procedente dunha familia de Amurrio (Áraba) por parte paterna, e coruñesa por parte materna.[1]
A súa vencellanza coa política procede de familia. O seu pai, Santiago Abascal Escuza, foi un membro histórico do grupo Alianza Popular e, máis tarde, dirixente local do Partido Popular en Áraba durante máis de 35 anos.[2] Foi concelleiro de Amurrio, membro da executiva do partido no País Vasco e voceiro do seu grupo nas Xuntas Xerais de Áraba.[3] O seu avó foi tamén alcalde da localidade durante o franquismo, comezando no ano 1963 e finalizando o seu mandato xa en democracia, no ano 1979. A súa familia, por mor da súa actividade política, sempre estivo ameazada pola banda terrorista ETA e pola súa contorna.[4]
Santiago Abascal Conde realizou estudos de socioloxía, licenciándose na Universidade de Deusto en 2003. Colabora con numerosos medios de comunicación entre os que salientan a Cadea COPE, o Grupo Intereconomía, esRadio, Libertad Digital, 13TV, ABC, La Razón e o Semanario Alba, e participa nos faladoiros de «El gato al agua» (Intereconomía Televisión) e «El cascabel» (13 TV).
Obras
editar- Secesión y exclusión en el País Vasco (2004) Vitoria-Gazteiz: Ikusager Ediciones.
- ¿Derecho de autodeterminación? Sobre el pretendido derecho de secesión del «Pueblo Vasco» (2004). Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.[5]
- La farsa de la autodeterminación. El plan Ibarretxe: al asalto del País Vasco y España (2005). Barcelona: Ediciones Áltera.
- En defensa de España. Razones para el patriotismo español (2008). Madrid: Ediciones Encuentro. Con Gustavo Bueno Sánchez.
- No me rindo (2014). Madrid: La Esfera de los Libros. Con Gonzalo Altozano.
- Hay un camino a la derecha (2015). Madrid: Stella Maris. Con Kiko Méndez-Monasterio.
Notas
editar- ↑ "La conexión gallega de Santiago Abascal" (en castelán). 9 de abril de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2021.
- ↑ Josean Izarra (23 de xullo de 2017). "Fallece Santiago Abascal Escuza, el político alavés al que ETA y la izquierda abertzale no consiguieron callar". El Mundo (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ "Memoria de las Juntas Generales de Álava (1987-1991)" (PDF). Consultado o 21 de setembro de 2014.
- ↑ Álvaro Carvajal, «Retrato de familia bajo amenaza de ETA en 20 'tuits'», El Mundo, 13 de agosto de 2012.
- ↑ Lainz, Jesús (2005). "¿Derecho de autodeterminación?" (PDF). Cuadernos de Pensamiento Político (Madrid: Fundación FAES) (5): 214–217. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2020. Consultado o 09 de decembro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Abascal |