Amurrio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Amurrio é unha localidade, cabeza do concello homónimo, pertencente á Cuadrilla de Aiara, comarca sita no noroeste da provincia de Áraba, na Comunidade Autónoma Vasca.
O concello ten unha superficie de 96,36 km².
Límites municipaisEditar
O concello de Amurrio linda polo norte cos de Aiara e Orozko (Biskaia); polo sur co de Orduña (Biscaia), polo leste con Zuia, e polo oeste tamén con Aiara.
PoboaciónEditar
Segundo o INE o 1-1-2011 vivían 10.014 veciños no concello de Amurrio. A poboación tivo o súa maior alza entre os censos de 1950 e 1991. Dende ese ano, medra moi lentamente, decrecendo algúns anos.
Ano do censo | Poboación | Diferenza respecto ao anterior censo |
---|---|---|
1857 | 1213 | - |
1877 | 1143 | -5,77% |
1897 | 1211 | +5,94% |
1910 | 1187 | -1,98% |
1930 | 1755 | +47,85% |
1950 | 2296 | +30,83% |
1970 | 5584 | +143,21% |
1991 | 9849 | +76,38% |
2011 | 10014 | +1,67% |
SubdivisiónsEditar
O termo está dividido en varias entidades colectivas (con datos de poboación de 2010; entre paréntese poboación no 2000):
EconomíaEditar
A base económica é industrial, centrada sobre dúas industrias de tubos metálicos, que empregan entre ambas arredor de 1.500 traballadores.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amurrio |