Iván Yákovlevich Bílibin (en ruso: Иван Яковлевич Билибин) nado o 16 de agosto de 1876 e finado o 7 de febreiro de 1942, foi un dos ilustradores máis influentes do século XX e deseñadores escénicos que tomou parte no Mir iskusstva e contribuíu aos Ballets Rusos. A longo da súa carreira, estivo fortemente inspirado polo folclore eslavo.

Modelo:BiografíaIván Bilibin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1876 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Tarkhovka, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
San Petersburgo (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortefame Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Smolensky Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador, pintor, artista gráfico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoIlustración de libros Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Билибин Иван Яковлевич)
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX848335 Musicbrainz: 06a1880b-253f-4ed7-a5a1-f1d414822fa5 WikiTree: Bilibin-1 Editar o valor en Wikidata
Detalle do retrato de Iván Yákovlevich Bílibin, obra de Borís Kustódiev (1901).

Biografía

editar

Iván Bílibin naceu nun suburbio de San Petersburgo. Estudou con Iliá Repin e ampliou os seus estudos en Múnic. Entre 1902 e 1904 Bílibin viaxou polo norte de Rusia, onde quedou fascinado pola arquitectura antiga de madeira e o folclore ruso. Publicou os seus achados na monografía Artes folclóricas do norte de Rusia en 1904. Outra influencia importante na súa arte foron as impresións tradicionais xaponesas.

Bílibin obtivo renome en 1899, cando publicou as súas innovadoras ilustracións de contos de fadas rusos. Durante a Revolución Rusa de 1905, realizou caricaturas revolucionarias. A Revolución de Outubro (1917), con todo, resultoulle allea. Despois de curtos períodos no Cairo e Alexandría, estableceuse en París en 1925. Aí dedicouse a decorar mansións privadas e igrexas ortodoxas. Seguía estrañando a súa terra natal e, despois de decorar a embaixada soviética en 1936, regresou á URSS. Deu conferencias na Academia Soviética das Artes até 1941. Bílibin morreu de inanición durante o sitio de Leningrado e foi enterrado nunha fosa común.[1]

Vida persoal

editar

Bílibin casou en 1902 cunha antiga alumna, a pintora rusa de orixe irlandesa e ilustradora de contos infantís Mary Chambers. Tiveron dous fillos, Alexander (1903-1972) e Iván (1908-1993).[2] Xa divorciado, en 1912 volveu casar con outra exalumna, a graduada na Escola de Belas Artes Rennée O'Connell, bisneta de Daniel O'Connell. En 1923 casou coa súa terceira e última esposa, a pintora rusa Alexandra Schyekatikhina-Pototskaya, con quen tivo unha exposición conxunta en Ámsterdam en 1929.

Escolma de obras

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar