Isidoro Brocos

escultor, debuxante e gravador galego (1841-1914)
(Redirección desde «Isidoro Brocos y Gómez»)

Isidoro Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1841 e finado ibídem o 26 de novembro de 1914, foi un escultor, gravador e debuxante galego.

Isidoro Brocos Gómez
Nacemento4 de abril de 1841
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento26 de novembro de 1914
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
Nacionalidadegalego
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónescultor
IrmánsModesto Brocos
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Debuxos de Isidoro Brocos expostos na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo.
 
Tumba de Isidoro Brocos no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Formouse na Escola de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde tivo entre os seus alumnos a Pablo Picasso e fixo gravados para La Ilustración Gallega y Asturiana.

Pode apreciarse obra de Brocos no Museo de Belas Artes da Coruña[1] e no Museo Provincial de Pontevedra.[2]

Era irmán máis vello do pintor Modesto Brocos e, inda que finou en Santiago, está soterrado no cemiterio de San Amaro da Coruña.[3]

Notas editar

  1. "Museo de Belas Artes da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  2. Museo de Pontevedra
  3. A San Amaro de visita «guiada» La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar