Óglaigh na hÉireann

(Redirección desde «Irish Volunteers»)

Os Óglaigh na hÉireann (en inglés Irish Volunteers, e en galego Voluntarios Irlandeses) foi unha organización militar creada en 1913 por nacionalistas irlandeses. O seu principal obxectivo foi declarado "para garantiren e manteren os dereitos e liberdades comúns a todo o pobo de Irlanda",[1] noutras palabras, salvagardaren a Home Rule.[1] Porén, a intención da Irmandade Republicana Irlandesa de incorporar o Voluntariado foi para axudar a estabelecer unha República de Irlanda."[2] Os Voluntarios eran membros da Conradh na Gaeilge (Liga Gaélica), Orde Antiga dos Hibernianos e Sinn Féin, e, secretamente, a Irmandade Republicana Irlandesa.

Monumento ós voluntarios irlandeses que participaron na Guerra de Independencia irlandesa, Dublín.

Formación

editar

Os Voluntarios irlandeses foron creados en 1913 por Edward Carson e James Craig como resposta á creación por parte dos unionistas protestantes da Forza de Voluntarios do Ulster no nordeste da Illa. Os "Voluntarios do Ulster" foron creados polos protestantes co obxectivo de impediren a aprobación da lei de autogoberno para Irlanda. Os católicos viron este feito como un xeito de presión ao goberno británico na dirección oposta aos seus intereses. Para contrarrestalo, Eoin MacNeill publicou un artigo titulado The North Began defendendo a creación dunha forza nacionalista irlandesa. Michael Joseph O'Rahilly, máis coñecido como The O'Rahilly, animou a MacNeill a continuar con este proxecto, e o 11 de novembro dese mesmo ano nunha reunión no hotel Wynn's de Dublín, dez nacionalistas entre os que se encontraban Patrick Pearse, Éamonn Ceannt e Sean MacDermott, planificaron a formación dos Voluntarios.

  1. 1,0 1,1 Constitución dos Voluntarios Irlandeses Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., citado na Biblioteca Nacional da Irlanda, O Levantamento de 1916: Personalidades e Perspetivas, exposicións on-line. (en inglés)
  2. Eoin Neeson, Mitos da Páscoa de 1916, Aubane Historical Society, Cork, 2007, ISBN 978-1-903497-34-0.
  Organizacións armadas republicanas irlandesas  
Actuais: Cumann na mBan | CIRA | INLA | ÓnaÉ | RIRA | SnaÉ
Antigas: IPLO | IRA | Irish Volunteers | OIRA | PIRA | Saor Éire | Saor Uladh

 
 Este artigo sobre Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.