Irish National Liberation Army
O Irish National Liberation Army, INLA (en irlandés: Arm Saoirse Náisiúnta na hÉireann, en galego: Exército de Liberación Nacional Irlandés) é unha organización paramilitar de esquerdas republicana irlandesa formada o 8 de decembro de 1974.
Irish National Liberation Army (INLA) | |
---|---|
Organización armada de Irlanda | |
Líderes | Seamus Costello |
Creación | 8 de decembro de 1974 |
Área de operacións | Irlanda |
Ideoloxía | Republicanismo irlandés Socialismo |
Vencellado a | Movemento Socialista Republicano Irlandés Partido Socialista Republicano Irlandés |
Status | Organización proscrita en Irlanda e o Reino Unido En alto o fogo dende 1998 Dende entón, certas accións contra o narcotráfico |
Compartindo unha ideoloxía marxista co Movemento Socialista Republicano Irlandés, tivo unha grande influencia nos anos setenta e comezos dos oitenta e é hoxe un dos pequenos grupos armados republicanos irlandeses. Nos seus primeiros tempos, o INLA era coñecido como o People's Liberation Army (PLA). Durante este período, o principal obxectivo do grupo era protexer aos membros do Partido Socialista Republicano Irlandés de ataques do Official Irish Republican Army (IRA Oficial).
O INLA é unha organización ilegal na República de Irlanda onde está clasificada como tal baixo as Actas de Ofensas contra o Estado 1939-1998. O goberno irlandés emitiu unha orde de supresión en 1983.[1] O Reino Unido ilegalizouno coa lexislación anti-terrorista.[2]
Historia
editarFundación
editarOs fundadores do INLA foron Seamus Costello e outros activistas que deixaran ou foran expulsados do IRA Oficial durante o alto o fogo do OIRA de 1972 e a postura cada vez máis reformista que estaba a tomar o Official Sinn Féin. Costello adoptou unha postura que mesturaba o republicanismo tradicional con posturas marxistas. Pouco despois de ser creado, o INLA foi atacado polos seus antigos compañeiros do OIRA, que tentaban destruír o grupo antes de que puidese medrar.
O 20 de febreiro de 1975, Hugh Ferguson, membro do INLA e cargo do IRSP, foi o primeiro membro en ser asasinado. Unha das primeiras operacións militares do INLA foi o atentado contra o xefe do OIRA Seán Garland en Dublín o 1 de maio. Aínda que recibiu seis disparos, sobreviviu. Logo de varios atentados acordouse unha tregua, pero ao pouco comezaron de novo as loitas. A vítima máis importante da reanudada loita foi Billy McMillen, comandante do OIRA en Belfast, asasinado polo membro do INLA Gerard Steenson. O seu asasinato non fora autorizado pola dirección e foi condenado por Seamus Costello[3]. Isto foi seguido por varios asasinatos máis por parte dos dous bandos, nos que foi morto Seamus Costello, asasinado en Dublín o 6 de outubro de 1977.
Vítimas
editarSegundo a base de datos Sutton Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine. da Universidade do Ulster, o INLA foi responsábel de 113 mortes durante o período coñecido como The Troubles, entre 1969 e 2001. Segundo o Roll of Honour do INLA, 33 dos seus membros morreron durante o conflito[4]
Vítimas | Mortes | Porcentaxe |
---|---|---|
Forzas de seguridade británicas | 46 | 41% |
Forzas de seguridade irlandesas | 2 | 2% |
Civís | 39 | 34% |
Políticos | 3 | 3% |
Paramilitares republicanos | 16 | 14% |
Paramilitares unionistas | 7 | 6% |
Notas
editar- ↑ THE OFFENCES AGAINST THE STATE ACTS, 1939 - 1998, (en inglés).
- ↑ Home Office - Proscribed Terror Groups Arquivado 18 de marzo de 2009 en Wayback Machine. — Páxina web do Home Office, accedido o 5 de agosto de 2008, (en inglés).
- ↑ The Lost Revolution: The Story of the Official IRA and the Workers' Party, Brian Hanley and Scott Millar, Penguin Books, ISBN 1844881202 pp. 296–297
- ↑ Irish Republican Socialist Roll of Honour Arquivado 08 de xuño de 2011 en Wayback Machine., accedido o 19 de xaneiro de 2011, (en inglés).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
| |||
Actuais: Cumann na mBan | CIRA | INLA | ÓnaÉ | RIRA | SnaÉ | |||
Antigas: IPLO | IRA | Irish Volunteers | OIRA | PIRA | Saor Éire | Saor Uladh |