Óglaigh na hÉireann (CIRA)
Óglaigh na hÉireann, ÓnaÉ foi o nome empregado por unha pequena organización armada republicana irlandesa que se separou do Continuity Irish Republican Army (CIRA) en 2006 e que se mantivo activa ata 2009 e que utilizou o mesmo nome que segundo a lexislación irlandesa é a forma en irlandés das Forzas de Defensa Irlandesas.
Óglaigh na hÉireann (ÓnaÉ) | |
---|---|
Organización armada de Irlanda do Norte | |
Creación | 2006 (Escisión do CIRA) |
Área de operacións | Reino Unido |
Ideoloxía | Republicanismo irlandés Esquerda |
Status | Considerado terrorista no Reino Unido |
Nome
editarEn irlandés, o título Óglaigh na hÉireann significa "voluntarios irlandesas". Ten sido empregado por varios grupos armados de Irlanda como é o caso dos Voluntarios Irlandeses de 1913, do que xurdiría o grupo coñecido en inglés como "Irish Republican Army" pero que en irlandés mantivo o nome anterior.
A súa abreviación correcta é ÓnaÉ, pero a miúdo abréviase o seu nome de xeito incorrecto como ONH.
Historia
editarEn febreiro de 2006, a Independent Monitoring Commission sinalou que formárase un novo grupo republicano, de nome Óglaigh na hÉireann, xunto con outra organización, Saoirse na hÉireann, logo dunha escisión do IRA de Continuidade. O informe dicía que Óglaigh na hÉireann era responsable dun asalto, de varios dispositivos trampa e do roubo nunha oficina postal entre outubro e decembro de 2005[1]
Notas
editar- ↑ Eighth Report of the Independent Monitoring Commission Arquivado 15 de xuño de 2007 en Wayback Machine., por IMC o 1 de febreiro de 2006, accedido o 14 de maio de 2008, (en inglés).
| |||
Actuais: Cumann na mBan | CIRA | INLA | ÓnaÉ | RIRA | SnaÉ | |||
Antigas: IPLO | IRA | Irish Volunteers | OIRA | PIRA | Saor Éire | Saor Uladh |