Abrir o menú principal

Oxfam Intermón

(Redirixido desde "Intermón Oxfam")
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Movilización de Oxfam Intermón a favor do 0,7%.

Oxfam Intermón[1] é a ONG española da confederación Oxfam Internacional. Naceu o 11 de agosto de 1956 como Secretariado de Misións e Propaganda da Compañía de Xesús, destinado a axudar nas misións a Bolivia, Paraguai e a India. Con carácter relixioso e asistencialista en principio, durante os anos sesenta dirixiuse mais por apoiar económica e socialmente. Oxfam Intermón foi galardoada como a mellor ONG en axuda humanitaria no ano 2001.

Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sustentabilidade e a participación.

Desde 1997 a ONG forma parte da confederación Oxfam Internacional, polo que agora se denomina Oxfam Intermón. Coopera en máis de 500 programas de desenvolvemento en 48 países de África, América e Asia, actúa en emerxencias, fomenta o comercio xusto como ferramenta para promover o desenvolvemento e realiza campañas de sensibilización e mobilización social e incidencia política e institucional tanto no Sur como no Norte.

ActuaciónEditar

A ONG Oxfam Intermón traballa en 48 países de todo o mundo, actuando de forma integral: coopera en programas de desenvolvemento, actúa en situacións de emerxencia, fomenta o comercio xusto e promove campañas de sensibilización e mobilización social. Sempre o fai co obxectivo de xerar cambios duradeiros para que miles de persoas poidan valerse por si mesmas.

Proxectos de desenvolvementoEditar

Os proxectos de desenvolvemento convértense nunha actividade fundamental da ONG para proporcionar ás persoas máis pobres as ferramentas necesarias para que poidan tomar as rendas das súas vidas con autonomía e dignidade.

Acción humanitariaEditar

Asistencia ás poboacións máis vulnerables afectadas por situacións de emerxencia como conflitos armados ou catástrofes. Algunhas das emerxencias máis recentes foron: Furacán Noel en República Dominicana, en novembro de 2007; Furacán Félix en Nicaragua, en agosto de 2007; Terremoto en Perú, en agosto del 2007; Inundacións en Mozambique, en febreiro de 2007; Emerxencia en Líbano, en agosto de 2006, Furacán Stan en Guatemala, outubro de 2005; Tsunami en decembro de 2004; inundacións en Burkina Faso en 2009.

Comercio xustoEditar

Para Oxfam Intermón o comercio xusto é unha forma máis de cooperación: apóiase a produción de comunidades labregas e grupos artesáns facilitándolles o acceso aos mercados. Promoven condicións laborais dignas, igualdade entre homes e mulleres, un salario xusto e o respecto polo medio ambiente.

NotasEditar

Véxase taménEditar